Venres, 27 Outubro 2023 10:18

Xornadas de Promoción 1 de Novembro

FGTM 100

A FGTM segue a axudar ós clubs para facer medrar a súa masa social e promocionar o tenis de mesa. Segunda xornada de esta tempada, tras o éxito da anterior na que máis de 90 novos xogadores/as se iniciaron no noso deporte. 

AD Zas, Oroso TM e CTM Mos serán os clubs que traballarán este vindeiro mércores para que o Tenis de Mesa sexa máis grande. A FGTM quere agradecer ás tres entidades o seu esforzo e traballo. Seguiremos propoñendo novas medidas de apoio ós clubs e fomento do tenis de mesa. 

 AD Zas Cartel 2  CTM Mos Cartel  231101 Xornada Promocion FGTM
     
Lido 199 veces Modificado por derradeira vez o Venres, 27 Outubro 2023 10:30