Secretaría
Ayudas DGAN 2018 - Fundación Deporte Gallego
Actualización 29/10/2018. "Dende a Secretaría xeral para o Deporte recordamos que se inicia un novo prazo para poder solicitar o recoñecemento de DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN) durante todo o mes de NOVEMBRO".
Hacemos seguir la siguiente información acerca de las ayudas convocadas por la Xunta de Galicia para deportistas de alto nivel:
Informamos que a Fundación Deporte Galego ven de publicar hoxe, martes 16 de outubro, no Diario Oficial de Galicia a Convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel 2018, baixo a denominación “Convocatoria de AXUDAS DGAN 2018”, e que se enmarca no plan de axudas á preparación dos/as deportistas galegos/as de alto nivel.
Oferta en Alquiler de Vehículos
La FGTM ha llegado a un acuerdo con la empresa de alquiler de coches/furgonetas Avis, para que todos los clubes de esta Federación se beneficien de importantes descuentos.
Para ello, quien lo desee deberá ponerse en contacto con Laura Porta Varela en el e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
ANUNCIO INCOACIÓN CANCELACIÓN REXISTRAL - XUNTA DE GALICIA
AVISO CHEGADO POR CORREO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA
CALENDARIO DE ACTIVIDADES Destacado
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA E COMISIÓN DELEGADA DA FGTM Destacado
SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou as bases para conceder as primeiras subvencións a entidades e clubs deportivos para o deporte federado na provincia de Pontevedra no ano 2016.
O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, tanto na sede de Pontevedra como na de Vigo .
COMITÉ GALEGO DE XUSTIZA DEPORTIVA
Convocatoria de subvencións para o ano 2016 da Deputación da Coruña
Saíu a convocatoria de subvencións para o ano 2016 da deputación da Coruña, pódese solicitar para infraestruturas e equipamento, actividades para fomento do deporte ou realización de eventos deportivos.
Picar nas seguintes ligazóns:
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2015/11/25/2015_0000011426.html
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2015/11/25/2015_0000011423.html
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2015/11/25/2015_0000011421.html
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2015/11/25/2015_0000011427.html
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2015/11/25/2015_0000011419.html
DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN)
Novo prazo para poder solicitar o recoñecemento como DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN) durante todo o vindeiro mes de novembro.
Documentación que deberán presentar:
- Modelo de solicitude cuberto con tódolos datos do interesado, asinado na parte inferior esquerda polo deportista. Unha vez cuberta dita solicitude, o presidente ou secretario da federación correspondente asina e sela dita solicitude.
- A federación expedirá unha certificación de posesión de licenza vixente expedida dende polo menos o 1 de xaneiro do ano 2014.
- Os interesados presentarán fotocopia de DNI.
- Certificado do padrón de veciñanza administrativa.
- As solicitudes poden presentarse en calquera edificio administrativo de cada unha das provincias galegas , ou na:
- Secretaría xeral para o Deporte
- Urbanización La Rosaleda
- Rúa Ourense, 6
- 15781, Santiago de Compostela
Xuntamos a:
- Normativa reguladora do procedemento
- Modelo de solicitude
- Última publicación no DOGA de deportistas recoñecidos e a vixencia.
SUVENCIÓNS A CLUBES DA XUNTA DE GALICIA
Hoxe publicouse no Diario Oficial de Galicia a “RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas”.
Este ano, a diferenza de anos anteriores, publícanse en primeiro lugar as BASES REGULADORAS, quedando pendente para os vindeiros días a publicación da CONVOCATORIA.
Polo tanto, aínda non se poden presentar as solicitudes de subvención ata que non se publique no DOG o texto coa Resolución polo cal se CONVOCAN ditas subvencións.
O mesmo día en que se publique a convocatoria no DOG comunicaráselle de novo vía e-mail, ademáis de publicalo na web da Secretaría Xeral para o Deporte.
Ver noticia en http://deporte.xunta.gal/
Más...
INTERTERRITORIAL CANTABRIA 2015 Destacado
Galicia 2ª no Interterritorial celebrado en Cantabria, por detrás de Andalucía por tan só un punto.
NOMEAMENTO DE ANTONIO J. DIZ
REUNIÓNS DE CLUBS CO PRESIDENTE DA FEDERACIÓN GALEGA
PRINCIPAIS ACORDOS ADOPTADOS NA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA Destacado
Subido un arquivo cos principais acordos adoptados na Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Tenis de Mesa, celebrada o pasado día 7 de xullo.
Calendario de competicións e actividades a desenrolar na tempada 2015-2016.
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA FGTM Destacado
Recórdase que as únicas persoas e entidades que poden asistir con voz e voto na Comisión Delegada e Asemblea Xeral son as que se achegan en arquivo adxunto.
Os clubs deberán estar representados polos seus presidentes ou, no seu defecto, por unha persoa debidamente acreditada.
Subidos documentos para a Asemblea Xeral Ordinaria a celebrar en Santiago o próximo martes 7 de xullo.
Paulatinamente iranse subindo os documentos que nos poidan chegar.
Na asemblea non se entregarán copias dos documentos aquí publicados.
ASCENSO A 1ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA
Todos os clubs que desexen inscribirse en 1ª División Nacional Feminina (independentemente de que xogasen, ou non, na liga de 2ª División Feminina) poden facelo xa na páxina da Federación Española, cubrindo o formulario correspondente.
REUNIÓNS DO PRESIDENTE DA FEDERACIÓN COS CLUBS GALEGOS
A partir do próximo mes de xullo o Presidente da Federación Galega, acompañado dalgún directivo da federación, reunirase periodicamente cos clubs galegos que o desexen, en reunións por zonas, que se irán comunicando paulatinamente, dando a coñecer, tanto o día, coma o lugar de reunión, coa finalidade de recoller propostas, accións a mellorar, etc.
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA E COMISIÓN DELEGADA 2015 Destacado
Subidas as convocatorias da Asemblea Xeral Ordinaria e Comisión Delegada da Federación Galega de Tenis de Mesa.
ELECCIÓNS PARCIAIS Á F.G.T.M.: Acta nº 5 da Xunta electoral Destacado
Documentos que se achegan:
- Regulamento Electoral.
- Calendario Electoral
- Censo Provisional de Clubs
- Inicio do prazo para reclamacións ao censo e/ou modificacións de datos
- Formulario de presentación de candidatos
- Acta nº 1 da Xunta electoral
- Acta nº 2 da Xunta electoral
- Acta nº 3 da Xunta electoral
- Acta nº 4 da Xunta electoral
- Acta nº 5 da Xunta Electoral