FGTM
COMITÉ GALEGO DE XUSTIZA DEPORTIVA
Convocatoria de subvencións para o ano 2016 da Deputación da Coruña
Saíu a convocatoria de subvencións para o ano 2016 da deputación da Coruña, pódese solicitar para infraestruturas e equipamento, actividades para fomento do deporte ou realización de eventos deportivos.
Picar nas seguintes ligazóns:
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2015/11/25/2015_0000011426.html
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2015/11/25/2015_0000011423.html
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2015/11/25/2015_0000011421.html
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2015/11/25/2015_0000011427.html
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2015/11/25/2015_0000011419.html
DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN)
Novo prazo para poder solicitar o recoñecemento como DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN) durante todo o vindeiro mes de novembro.
Documentación que deberán presentar:
- Modelo de solicitude cuberto con tódolos datos do interesado, asinado na parte inferior esquerda polo deportista. Unha vez cuberta dita solicitude, o presidente ou secretario da federación correspondente asina e sela dita solicitude.
- A federación expedirá unha certificación de posesión de licenza vixente expedida dende polo menos o 1 de xaneiro do ano 2014.
- Os interesados presentarán fotocopia de DNI.
- Certificado do padrón de veciñanza administrativa.
- As solicitudes poden presentarse en calquera edificio administrativo de cada unha das provincias galegas , ou na:
- Secretaría xeral para o Deporte
- Urbanización La Rosaleda
- Rúa Ourense, 6
- 15781, Santiago de Compostela
Xuntamos a:
- Normativa reguladora do procedemento
- Modelo de solicitude
- Última publicación no DOGA de deportistas recoñecidos e a vixencia.
SUVENCIÓNS A CLUBES DA XUNTA DE GALICIA
Hoxe publicouse no Diario Oficial de Galicia a “RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas”.
Este ano, a diferenza de anos anteriores, publícanse en primeiro lugar as BASES REGULADORAS, quedando pendente para os vindeiros días a publicación da CONVOCATORIA.
Polo tanto, aínda non se poden presentar as solicitudes de subvención ata que non se publique no DOG o texto coa Resolución polo cal se CONVOCAN ditas subvencións.
O mesmo día en que se publique a convocatoria no DOG comunicaráselle de novo vía e-mail, ademáis de publicalo na web da Secretaría Xeral para o Deporte.
Ver noticia en http://deporte.xunta.gal/
INTERTERRITORIAL CANTABRIA 2015 Destacado
NOMEAMENTO DE ANTONIO J. DIZ
REUNIÓN DE CLUBS PARTICIPANTES NO PROGRAMA XOGADE Destacado
A reunión terá lugar o luns 17 de agosto ás 18:30 horas no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, sito na rúa Cultura, nº1, en Sigüeiro - Oroso (ao lado do Concello).
INAUGURACIÓN DAS INSTALACIÓNS DO CLUB ZONA
O mércores 29 a FGTM foi invitada por parte da Academia Galega de Tenis, ATG, á inauguración das novas instalacións do Club Zona no municipio de Arteixo, en representación da federación foi Francisco Monroy, así como os representantes das federacións de tenis, pádel e squash ademais da concelleira de deportes do concello de Arteixo.
REUNIÓNS DE CLUBS CO PRESIDENTE DA FEDERACIÓN GALEGA
PRINCIPAIS ACORDOS ADOPTADOS NA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA Destacado
Subido un arquivo cos principais acordos adoptados na Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Tenis de Mesa, celebrada o pasado día 7 de xullo.
Calendario de competicións e actividades a desenrolar na tempada 2015-2016.
Más...
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA FGTM Destacado
Recórdase que as únicas persoas e entidades que poden asistir con voz e voto na Comisión Delegada e Asemblea Xeral son as que se achegan en arquivo adxunto.
Os clubs deberán estar representados polos seus presidentes ou, no seu defecto, por unha persoa debidamente acreditada.
Subidos documentos para a Asemblea Xeral Ordinaria a celebrar en Santiago o próximo martes 7 de xullo.
Paulatinamente iranse subindo os documentos que nos poidan chegar.
Na asemblea non se entregarán copias dos documentos aquí publicados.
ASCENSO A 1ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA
Todos os clubs que desexen inscribirse en 1ª División Nacional Feminina (independentemente de que xogasen, ou non, na liga de 2ª División Feminina) poden facelo xa na páxina da Federación Española, cubrindo o formulario correspondente.
ELECCIÓNS Á F.G.T.M.: Acta nº 11 da Xunta Electoral - Resultados definitivoss das votacións na asemblea
Inclúese a continuación o texto da acta nº 11 de data 24/11/14, da Xunta Electoral na que se recollen os resultados definitivos das votacións celebradas na asemblea da FGTM celebrada o pasado 19 de novembro.
ORGANIGRAMA E COMISIÓN DELEGADA Destacado
Subido escrito do Organigrama e Comisión Delegada despois de rematado o Proceso Electoral.
Informe da auditoría
REUNIÓNS DO PRESIDENTE DA FEDERACIÓN COS CLUBS GALEGOS
A partir do próximo mes de xullo o Presidente da Federación Galega, acompañado dalgún directivo da federación, reunirase periodicamente cos clubs galegos que o desexen, en reunións por zonas, que se irán comunicando paulatinamente, dando a coñecer, tanto o día, coma o lugar de reunión, coa finalidade de recoller propostas, accións a mellorar, etc.
Normativa Aplicable
Funcións Destacado
Funcións por delegación de funcións públicas delegadas (art. 51.4 da Lei 3/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia). As funcións derivadas do art. 56 da Lei do Deporte de Galicia son as que de seguido relaciónanse en arquivo adxunto: