FGTM (181)

Martes, 03 Novembro 2015 12:09

DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN)

Novo prazo para poder solicitar o recoñecemento como DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN) durante todo o vindeiro mes de novembro.

Documentación que deberán presentar:

  1. Modelo de solicitude  cuberto con tódolos datos do interesado, asinado na parte inferior esquerda polo deportista. Unha vez cuberta dita solicitude, o presidente ou secretario da federación correspondente asina e sela dita solicitude.
  2. A federación expedirá unha certificación de posesión de licenza vixente expedida dende polo menos o 1 de xaneiro do ano 2014.
  3. Os interesados presentarán fotocopia de DNI.
  4. Certificado do padrón de veciñanza administrativa.
  5. As solicitudes poden presentarse en calquera edificio administrativo de cada unha das provincias galegas , ou na:
    • Secretaría xeral para o Deporte
    • Urbanización La Rosaleda
    • Rúa Ourense, 6
    • 15781, Santiago de Compostela

Xuntamos a:

  1. Normativa reguladora do procedemento
  2. Modelo de solicitude
  3. Última publicación no DOGA de deportistas recoñecidos e a vixencia.
Martes, 27 Outubro 2015 20:21

SUVENCIÓNS A CLUBES DA XUNTA DE GALICIA

Publicadas as bases reguladoras de subvencións a Clubs, SAD e Agrupacións Deportivas Escolares

Hoxe publicouse no Diario Oficial de Galicia a “RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas”.
Este ano, a diferenza de anos anteriores, publícanse en primeiro lugar as BASES REGULADORAS, quedando pendente para os vindeiros días a publicación da CONVOCATORIA.
Polo tanto, aínda non se poden presentar as solicitudes de subvención ata que non se publique no DOG o texto coa Resolución polo cal se CONVOCAN ditas subvencións.
O mesmo día en que se publique a convocatoria no DOG comunicaráselle de novo vía e-mail, ademáis de publicalo na web da Secretaría Xeral para o Deporte.

Ver noticia en http://deporte.xunta.gal/
Mércores, 16 Setembro 2015 15:09

INTERTERRITORIAL CANTABRIA 2015 Destacado

Galicia 2ª no Interterritorial celebrado en Cantabria, por detrás de Andalucía por tan só un punto.

Modificado por derradeira vez o Domingo, 27 Setembro 2015 14:00
Xoves, 27 Agosto 2015 19:12

NOMEAMENTO DE ANTONIO J. DIZ

Antonio Diz incorpórase ao organigrama da Federación Galega, despois da conversación mantida no día de hoxe con José LCabaleiro como Presidente. Formará parte, xunto con Rodrigo ÁlvarezFernando Montero e Daniel Sánchez de la Comisión de ranking, ligas, campionatos e web. Dende a Xunta Directiva dámoslle a benvida, desexándolle os maiores éxitos, que redunden en beneficio do tenis de mesa galego.
Modificado por derradeira vez o Xoves, 27 Agosto 2015 19:29
Xoves, 13 Agosto 2015 11:26

REUNIÓN DE CLUBS PARTICIPANTES NO PROGRAMA XOGADE Destacado

A Federación Galega solicitará no mes de setembro unha reunión coa Secretaría Xeral para o Deporte, para tratar sobre a problemática do Deporte Escolar e as súas posibles solucións. Por iso, convocamos unha reunión con todos os clubs participantes no Programa XOGADE da Xunta, interesados en achegar ideas e solucións, co fin de poder levar á mencionada reunión unhas propostas o máis consensuadas posible.
A reunión terá lugar o luns 17 de agosto ás 18:30 horas no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, sito na rúa Cultura, nº1, en Sigüeiro - Oroso (ao lado do Concello).

O mércores 29 a FGTM foi invitada por parte da Academia Galega de Tenis, ATG, á inauguración das novas instalacións do Club Zona no municipio de Arteixo, en representación da federación foi Francisco Monroy, así como os representantes das federacións de tenis, pádel e squash ademais da concelleira de deportes do concello de Arteixo.

Modificado por derradeira vez o Luns, 03 Agosto 2015 19:08
Os clubs interesados en ter unha reunión co Presidente da Federación Galega de Tenis de Mesa, teñen que enviar un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., coa finalidade de organizar as Zonas en función da demanda. A data límite será o 30 de xullo.

Subido un arquivo cos principais acordos adoptados na Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Tenis de Mesa, celebrada o pasado día 7 de xullo.

Calendario de competicións e actividades a desenrolar na tempada 2015-2016.

Modificado por derradeira vez o Luns, 13 Xullo 2015 20:18
Venres, 03 Xullo 2015 16:47

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA FGTM Destacado

Recórdase que as únicas persoas e entidades que poden asistir con voz e voto na Comisión Delegada e Asemblea Xeral son as que se achegan en arquivo adxunto.

Os clubs deberán estar representados polos seus presidentes ou, no seu defecto, por unha persoa debidamente acreditada.

Subidos documentos para a Asemblea Xeral Ordinaria a celebrar en Santiago o próximo martes 7 de xullo.
Paulatinamente iranse subindo os documentos que nos poidan chegar.
Na asemblea non se entregarán copias dos documentos aquí publicados.

Modificado por derradeira vez o Luns, 06 Xullo 2015 00:35

Nuevo Rojo

Todos os clubs que desexen inscribirse en 1ª División Nacional Feminina (independentemente de que xogasen, ou non, na liga de 2ª División Feminina) poden facelo xa na páxina da Federación Española, cubrindo o formulario correspondente.

Modificado por derradeira vez o Venres, 03 Xullo 2015 14:49