Martes, 06 Febreiro 2024 20:28

Charla sobre Tenis de Mesa Adaptado

              FGTM 100                

 

O próximo luns día 12de Febreiro de 2024, trala realización da concentración de TM Adaptado convocada pola Dirección Deportiva da FGTM, ás 17:30 h terá lugar unha charla sobre TM Adaptado impartida polo adestrardor Gorka Fernández, adestrador con ampla experiencia coa Selección Española Paralímpica.

A charla terá lugar no Local do Club CTM Cidade Narón: Local Social A Solaina. Para todos aqueles que o desexen poderán seguila tamén en directo no seguinte enlace:

https://www.facebook.com/events/891382999432527/

 

 Ó final da charla haberá un turno de preguntas, que os que asistan en directo poderán deixar a través dos comentarios do vídeo en directo.

 

Lido 178 veces Modificado por derradeira vez o Martes, 06 Febreiro 2024 20:38