Martes, 06 Febreiro 2024 12:45

Convocatoria Premios CSD-Carrera Dual 2023

              FGTM 100                

 

O CSD convoca os premios “CSD Carrera Dual” ano 2023 que tratan de valorar, tanto no ámbito escolar como no universitario, o esforzo de compaxinar unha carreira deportiva coa formación académica. Na convocatoria especifícanse requisitos e méritos a valorar referentes á tempada e curso 2022/23.


Existen dúas categorías:

  • Deportista en idade escolar (anos de nacemento 2005 – 2008)
  • Deportista que cursou estudos universitarios no curso 2022/23.

Nestes premios valóranse tres aspectos:

1º Currículum académico

2º Currículum deportivo

3º Outros aspectos persoais e vitais

 

Galicia só pode presentar unha candidatura a cada categoría polo que pedimos aos clubes que presenten, se consideran que teñen a alguén que cumpra cos requisitos, unha candidatura para cada categoría (escolar e universitaria) contestando este correoantes do día 12 de febreiro ás 12:00.

 

Para cada candidatura deben enviar os seguintes datos:

 

Nome e apelidos da persoa proposta:

 

Data de nacemento:

 

Modalidade/Especialidade deportiva:

 

Teléfono (de deportista se é maior de idade ou de titores legais se non o é):

 

Correo electrónico (de deportista se é maior de idade ou de titores legais se non o é):

 

 

Tamén deberán achegar a seguinte documentación:

 

- Certificación de estudos oficial do curso 22/23

- Currículum deportivo de carácter nacional e internacional da tempada 22/23.

- Calquera outra circunstancia persoal de interese.

 

 

Lido 167 veces Modificado por derradeira vez o Martes, 06 Febreiro 2024 12:52