Mércores, 26 Xullo 2023 10:56

O CGXD volve a arquivar outra denuncia á FGTM e á súa presidenta

FGTM 100                          

 

Unha vez mais, o Comité Galego de Xustiza Deportiva da Xunta de Galicia, volve a arquivar unha denuncia recibida contra esta federación e a súa presidenta.

A FGTM recibiu hoxe a notificación do arquivo do expediente 52/2023 onde se solicitaba a incoación de expediente disciplinario á Presidenta da FGTM polas infracción moi graves previstas no artigo 116 k) e ñ) da Ley 3/2012. Ver resolución.

 A FGTM continúa véndose obrigada a destinar parte do seu escaso presuposto a un gasto "non deportivo" o cal lamenta profundamente e desexa que pronto podamos destinar todos os nosos recursos económicos, de tempo e esforzo a traballar polo tenis de mesa galego como é o noso obxectivo.

A FGTM está á enteira disposición dos seus afiliados para resolver tódalas dudas e inquedanzas que poidan surxir, co ánimo de traballar todos xuntos por un tenis de mesa galego mellor.

 

Lido 237 veces Modificado por derradeira vez o Mércores, 26 Xullo 2023 13:38