Venres, 10 Marzo 2023 03:50

Dous galegos no Costa Brava Spanish Para Open 2023

b4296c8a de9c 4d16 90c4 1ad6b78cc282 copia

Dous dos nosos deportistas galegos forman parte da representación española que participa estes días no COSTA BRAVA SPANISH PARA OPEN 2023

Nesta competición que se celebra en Platja D'Aro entre os dias 9 e 11 de Marzo, Martina Sande e Alberto Seoane xogarán as modalidades de individuais, dobles e dobles mixto.

Alberto Seoane (Cat6) xogará dobles masculinos con Alejandro Díaz e dobles mixtos con Maialen Etxebesto e buscará a súa clasificación para os JJOO de París 2024. . Pola súa parte, Martina xogará dobles femeninos con Cristina Rubio e dobles mixtos con Roberto Eder Rodriguez. Martina ademais é a primeira galega que participa nun campionato internacional de tenis de mesa adaptado, estreándose nesta competición a nivel internacional. Moita sorte ós dous!!. Mais información e seguimento dos resultados en:

https://results.ittf.com/ittf-web-results/html/TTE5467/results.html#/groups

Lido 312 veces Modificado por derradeira vez o Venres, 10 Marzo 2023 10:05