![]() |
![]() |
Aproveitando as vacacións de Entroido, as Seleccións Galegas Intantís e Cadetes realizaron sendas concentracións de tecnificación co fin de preparar o próximo CESA 2023 e determinar a composición final dos equipos participantes. Os responsables técnicos: Valeri Malov, Miguel Rey, Judit Cobas, Diandra Cobelo e Cristofer Santiago; felicitaron a tódolos xogadores/as polo excelente traballo realizado nas mesmas, amosando un bo nivel de xogo e de esforzo. En breve, serán comunicados os xogadores/as titulares para o CESA 2023 mediante a web oficial da FGTM.