As Áreas de TM Adaptado e de Promoción da FGTM traballan xuntas nunha xornada coa AD Zas e a Asociación Íntegro.
As Áreas de Promoción e TM Adaptado da FGTM tiveron o pracer de asistir a pasada semana a unha xornada de convivencia nas instalacións da AD Zas e con membros da Asociación Íntegro. Na mesma, realizouse un adestramento conxunto así como unha charla formativa, dando a coñecer en maior profundidade o tenis de mesa adaptado. Desexamos que este sexa o xerme de novos amigos que segan disfrutando con nós do noso deporte. Gracias a todos pola iniciativa!