Xoves, 05 Xaneiro 2023 14:40

Grupo de Wassap: Noticias FGTM

wasap

Dentro da política da nova FGTM de comunicación constante cos clubs afiliados, temos previsto crear un grupo de Wassap "Noticias FGTM". A finalidade deste grupo será a de manter aos clubs máis e mellor informados de tódalas novidades que se vaian producindo referentes ó tenis de mesa galego: publicación de circulares, novidades, enquisas, etc...
Por operatividade, cada club só poderá ter no grupo un delegado/representante, que será o encargado de transmitir ó resto de integrantes do seu club as novidades que no grupo "Noticias FGTM" se publiquen. Este representante poderá ser cualquer persona que o club decida, non ten por qué ser o presidente do club. Asimesmo, no caso de realización de enquisas, o representante do club será o encargado de representalo voto do seu club.

Los clubs interesados en adherirse a esta iniciativa deberán enviar un email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando:
- Nome do Club
- Nome da persoa que formará parte do grupo 
- Número de teléfono móvil da persoa que formará parte do grupo

O email enviado deberá vir asinado indicando a persoa que o redactou así como o seu cargo no club.

 

Lido 336 veces Modificado por derradeira vez o Martes, 21 Febreiro 2023 16:22