Estreándose no Circuíto Mundial fai menos dun ano (a súa primeira competición deste tipo disputouna o pasado febreiro), durante 2022 tivo que enfrentarse na categoría sub11 con xogadores maiores que el. A pesar delo, varios bos resultados como feito de quedar Campión no WTT Youth Contender de Tunis, subcampión no WTT Youth Contender de Agadir (Marrocos) ou semifinalista no WTT Youth Contender de Havirov (República Checa) permitíronlle manterse nos primeiros posto do ranking durante todo o ano. As súas dúas últimas actuacións o pasado novembro en Senec (Eslovenia) e Szombathely (Hungría) foron determinantes para acadar os puntos necesarios que lle impulsaron ata o máis alto do ranking neste principio de ano. Sen dúbida, non podemos imaxinar unha mellor noticia coa que empezar o ano. Esta é unha mostra máis do bo facer dos clubs galegos coas súas canteiras, que tantas alegrías nos deron nos últimos tempos, tanto a nivel nacional como internacional. |
Martes, 03 Xaneiro 2023 13:08
Un galego Nº1 do Mundo
Inmellorable forma de empezar o ano para o tenis de mesa galego. A Federación Internacional de Tenis de Mesa (ITTF) acaba de facer públicos os rankings mundiais nos que, por primeira vez na historia del tenis de mesa nacional e galego un xogador nado en España (Galicia) sitúase no máis alto do ranking. |