Bo día,
A petición da Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE), rogámosvos reenviar o cuestionario adxunto a todos os clubs pertencentes á súa federación, que servirá para dar o enfoque adecuado ao contido programático dun “Congreso sobre xestión deportiva”, que organizará a AGAXEDE coa colaboración da UFEDEGA. Devandito congreso pretende reunir a federacións e clubs en Santiago de Compostela, o 17 de marzo de 2023, co fin de analizar e debater as necesidades do Terceiro Sector do Deporte. Aquelas persoas que cubran e envíen o cuestionario antes do día 16 de xaneiro, dispoñerán dun desconto do 20% na cota de inscrición"
Enlace do cuestionario:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScOEZVcQXqeUObLGCRHfFd8E1NYb8N5IsAp8sXXbDXc0lW6lg/viewform
Moitas grazas
Feliz entrada do ano novo!