Mércores, 20 Abril 2022 19:04

COMUNICADO XUNTA SOBRE USO DE MASCARILLA A PARTIR DEL DIA 20.04.22

Se adjunta nota de la Xunta de Galicia sobre el uso de la mascarilla a partir del dia 20.04.22.
Asimismo reproducimos recomendaciones al respecto del mismo organismo:

Bo día, achegamos as recomendacións que nos traslada a Dirección Xeral de Saúde Pública con respecto ao uso da máscara.

"Aínda que finalice a obriga de uso de máscara en interiores, dende a DXSP seguimos recomendando a prudencia e o uso responsable en espazos pechados cando non se poida garantir que nas actividades se garde a debida distancia de seguridade interpersoal de 1,5 m e a ventilación adecuada.

Este uso responsable é tamén recomendado pola Ponencia de Alertas, Plans de Preparación e Resposta e incorporado na exposición de motivos da norma que se publica hoxe (Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que se modifica la obligatoriedad del uso de mascarillas durante la situación de crisis sanitaria ocasionada por la COVID-19, dispoñible na ligazón https://www.boe.es/buscar/pdf/2022/BOE-A-2022-6449-consolidado.pdf).

Por todo isto, e sen prexuízo do resto de medidas preventivas recollidas nos respectivos protocolos Fisicovid-Dxtgalego, faise unha recomendación do uso responsable da máscara en espazos pechados nos que pola súa natureza (ximnasios, salas de baile, …) ou actividades que se leven a cabo, o risco de transmisión sen máscara pode ser alto. Nestes espazos, pódese concentrar moita poboación, con pouca distancia interpersoal, ás veces durante varias horas. Aínda que moitos destes espazos contan con sistemas de ventilación, esta ventilación non sempre está garantida. É por iso, que, neste ámbito, a probabilidade de transmisión en ausencia de máscara pode ser elevada e o impacto podería ser moderado tendo en conta a diversidade de persoas expostas, entre as que podería haber vulnerables."

Un saúdo.

Lido 535 veces