Domingo, 30 Agosto 2020 12:15

Protocolos entrenamentos con contacto

Se copia nota recibida de la Xunta de Galicia, Incidencias Deporte, por su importancia:

Ola boa tarde, achégase información aos efectos da súa remisión aos clubs e deportistas afectados.

Segundo o disposto na orde do 27 de agosto de 2020 sobre modificación de determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, permítese o contacto físico na práctica da actividade deportiva federada nos seguintes supostos:

  1. a) Deportistas galegos de alto nivel e deportistas de alto nivel recoñecidos polo Consello Superior de Deportes clasificados para Tokio 2020 ou que se encontren en proceso de clasificación.
  2. b) Deportistas de especialidades deportivas adaptadas individuais con guías ou persoas de apoio.
  3. c) Equipos galegos que participen en competicións deportivas oficiais non profesionais de ámbito estatal con previsión de inicio da competición, salvo que o protocolo da federación española respectiva estableza outra cousa.

Nos supostos a) e b) os adestramentos deberán celebrarse en grupos estables e suxeitos a medidas de protección específicas que serán comunicadas á autoridade deportiva autonómica para o seu coñecemento e supervisión. A este respecto é necesario que, a través dos respectivos clubs ou federacións, remitades a relación de deportistas e  as medidas de protección específicas que se adoptan aos efectos de minimizar o risco no caso da práctica con contacto.

No suposto c), a práctica de adestramentos e a competición deberá realizarse en grupos de composición estable e suxeitarse a un protocolo en que se teñan en conta medidas de protección específicas. Este protocolo deberá ser presentado para a súa aprobación ás autoridades deportivas e sanitarias de Galicia con carácter previo ao inicio das actividades.

Neste momento, o Consello Superior de Deportes xunto coas Comunidades Autónomas está a traballar nun Protocolo Armonizado de actuación para a volta das competicións oficiais de ámbito estatal  non profesional, desexando que sexa aprobado polo CSD no prazo máis breve posible. Non obstante, durante este tempo transitorio e co obxecto da práctica deportiva con contacto,  é preciso que dende cada club se remita o Protocolo que se está a implementar na actualidade (ben sexa un protocolo específico ou o protocolo da respectiva federación) e que inclúa as medidas de protección específicas que se adoptan aos efectos de minimizar o risco no caso da práctica con contacto (garantindo os grupos estables de adestramento, test de control COVID-19, etc.).

Esta información será remitida ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Lido 197 veces