Agradeceríamos redifusión entre os deportistas DGAN da vosa Federación.
Tamén vos informamos da necesidade da vosa colaboración na elaboración dos certificados que acreditarán os resultados deportivos acadados polos solicitantes durante o ano 2018.
Por primeira vez será a Fundación Deporte Galego quen vos indique a qué solicitantes de axuda será necesario certificar resultados, en lugar de facerllo directamente aos propios deportistas como ocorría en anteriores edicións.
Grazas de antemán pola vosa colaboración.
Un saúdo,
José Ramón Lete Lasa
Presidente da Fundación Deporte Galego
Estimado/a deportista:
A través deste correo informámosche que a Fundación Deporte Galego ven de PUBLICAR HOXE, MÉRCORES 16 DE OUTUBRO, no DIARIO OFICIAL DE GALICIA o anuncio da Convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel 2019, baixo a denominación “_CONVOCATORIA DE AXUDAS DGAN 2019”__, _e que se enmarca no plan de axudas á preparación dos/as deportistas galegos/as de alto nivel_._ Este plan é unha actuación máis na liña de apoiarte para que sigas mellorando o teu rendemento deportivo e co que pretendemos axudarte na túa dedicación ao deporte de alto nivel.
Esta convocatoria conta nesta ocasión con SEIS TIPOS DE AXUDAS: Axuda DGAN 1, Axuda DGAN 2, Axuda DGAN 3, Axuda DGAN 4, Axuda DGAN 5 e Axuda DGAN 6, que serán asignadas SEGUNDO OS RESULTADOS DEPORTIVOS que tiveras acadados DURANTE O ANO 2018 (non se valorarán resultados acadados en anos anteriores ou posteriores) e que a túa Federación Galega poida acreditarnos posteriormente á túa solicitude.
As devanditas bases desta convocatoria estarán á vosa disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal [1] e na web http://deporte.xunta.gal [2] dende MAÑÁ XOVES 17, data na que comezará o prazo de presentación de solicitudes, REMATANDO o vindeiro MÉRCORES 30 DE OUTUBRO DE 2019.
Aproveito para recordarche as seguintes OBSERVACIÓNS:
* Como nas edicións anteriores, ademais de manter a liña tradicional de presentación presencial en formato papel, poderás cursar a solicitude de axuda de FORMA TELEMÁTICA. Terás á túa disposición os formularios normalizados (anexos I e II) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal [1]. Poderás utilizar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da propia Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365 [3]) habilitándose un enlace na Guía de procedementos e servizos co CÓDIGO PR961A (que estará dispoñible a partir de mañá, día 17 de outubro).
* Poderedes solicitar axuda todos/as aqueles/as deportistas que esteades ou estiverades recoñecidos pola Secretaría Xeral para o Deporte coma Deportistas de Alto Nivel NALGÚN MOMENTO DOS ANOS 2018 E/OU 2019 (AÍNDA QUE A DÍA DE HOXE NON ESTEA VIXENTE O RECOÑECEMENTO).
* _NOVIDADES:_
* Poderás presentar a solicitude en formato papel en calquera rexistro oficial polo que se poida achegar documentación ás Administración Públicas, tal e como se indica no apartado 5 das bases.
* Deberás remitirnos unicamente cuberto o anexo I de Solicitude e, se fora o caso, o anexo II de Autorización de representación (menores de idade ou outros casos de representación legal).
* Non será necesario que acudas á túa Federación Deportiva Galega correspondente para que te cubran o certificado de resultados, pois o mesmo seralles solicitado directamente por parte da Fundación Deporte Galego.
Para calquera dúbida, podes contactar co técnico deportivo responsable desta convocatoria, Luciano Díaz, no teléfono 881.996.375 ou no correo
electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Finalmente, quixeramos aproveitar este correo para felicitarte polos logros acadados grazas ao teu esforzo diario.
Sen outro particular, recibe un cordial saúdo.
José Ramón Lete Lasa
Presidente da Fundación Deporte Galego
FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO
Departamento de Administración
Tfno. 881 996 373
deporte.xunta.gal"