banner grande7

Censo Inicial

PUBLICACIÓN DO CENSO INICIAL – PROCESO ELECTORAL 2026

Dando cumprimento á normativa que regula os procesos electorais deportivos, informamos a todos os nosos federados e federadas de que, con data de hoxe, queda exposto para a súa consulta o Censo Inicial para as vindeiras Eleccións 2026 á presidencia, asemblea xeral e comision delegada.

Onde consultar o censo?

O censo permanecerá exposto durante un prazo de dez días naturais nos seguintes puntos:

  • Nesta mesma páxina web, dentro da sección denominada «ELECCIÓNS 2026».
  • No taboleiro de anuncios da sede da Federación Galega de Tenis de Mesa.

Cal é o obxectivo desta publicación?

A exposición pública do censo inicial ten como finalidade que todas as persoas e entidades interesadas poidan verificar a corrección dos seus datos. Durante este período, poderanse presentar as reclamacións que se consideren oportunas para emendar posibles erros ou omisións antes da aprobación do censo definitivo.

Información importante para as Entidades Deportivas

No caso dos clubs e entidades deportivas, o censo debe incluír o nome, enderezo, número de inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, correo electrónico e a identificación do seu representante legal.

  • Representación por defecto: No censo inicial figura como representante a persoa que ostenta a presidencia da entidade segundo os datos obrantes na Federacion Galega de Tenis de Mesa.
  • Cambio de representante: Se a entidade desexa que o dereito ao voto sexa exercido por unha persoa distinta (que obrigatoriamente debe ser membro da súa xunta directiva), pode solicitalo dentro deste prazo de dez días.
  • Acreditación: Para realizar este cambio, deberá presentarse un certificado expedido polo Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

Prazos e procedemento de reclamación

O prazo para presentar calquera reclamación ou solicitude de modificación de datos é de dez días naturais contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio.

Todas as comunicacións (reclamacións ao censo ou cambios na representación das entidades) deberán enviarse por escrito á Secretaría Xeral da Federación a través do seguinte enderezo de correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Unha vez finalizado o prazo, a Xunta Directiva procederá á resolución das reclamacións e á emenda do censo no prazo de cinco días naturais.

ENLACE A CENSO INICIAL
(Necesario estar identificado)

Como pedir carnet de la federación

 

PROCESO DE PETICIÓN DE CARNET A FGTM

O carnet poderá expedirse a calqueira persoa que teña licencia activa na Federación na temporada en curso.
O proceso e automático pero pode demorarse un tempo, ata mais dunha hora, na tramitación. Depende da carga de rede e outros elementos externos e alleos á Federación.
Se unha vez tramitado, non recibimos resposta nun prazo de 24 horas, por favor envien un emaili a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

PROCESO:
Enviar un email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. dende o email que teñamos asociado a nosa licencia.
O email debe ser o persoal, e debe estar asociado a unha única licencia. Se a licencia non ten gardado email, ou ten un de club, ou ben un email asociado a varias licencias, o proceso fallará e respostará un email co erro.
NOTA: para cambiar o email persoal, debese falar cos delegados de cada club, xa que son eles os encargados de manter os datos correctos na base de datos da Federación.

 

Prevención da Violencia no Deporte

A través da Federación Galega de Tenis de Mesa, facémos chegar os recursos oficiais do proxecto DEIXA XOGAR, impulsado por UFEDEGA en colaboración con Juntos Invulnerables, có obxectivo de reforzar a prevención e a cultura do bo trato no deporte base galego.

Na páxina web do proxecto: www.deixaxogar.gal se atopa a información completa do proxecto, materiais descargables destinados a familias e entidades deportivas.

Poñemos a vosa disposición neste arranque do proxecto:
Guía para a prevención da violencia no deporte base: con contidos prácticos para familias e entidades deportivas.
Infografías para a súa implementación dixital e impresión para os distintos espazos deportivos galegos.

Solicitamos a vosa colaboración para:
Difundir a Guía e as infografías entre as vosas familias, grupos de comunicación e equipos.
Enlazar estes recursos na vosa páxina web ou redes sociais.
Imprimir e colocar as infografías nas instalación deportivas para reforzar a mensaxe preventiva.

Agradecemos a vosa implicación para que o deporte galego avance de maneira conxunta cara a espazos máis seguros, educativos e respectuosos.

Como subir foto persoal

 

PROCESO DE PARA SUBIR FOTO PERSONAL A LA WEB FGTM

Condicions previas:
A subida de imaxes é un proceso automático e non supervisado. Ao subir unha fotografía a esta plataforma, o usuario declara e garante que é o titular lexítimo dos dereitos da imaxe ou que conta coa autorización correspondente para o seu uso.

O usuario informa que os datos persoais facilitados, incluída a súa imaxe, serán tratados pola Federación Galega de Tenis de Mesa coa finalidade de xestionar a súa identificación nos lugares, soportes e documentos nos que figure o seu nome.

O usuario consinte expresamente o tratamento e uso da súa imaxe para a finalidade indicada, asumindo plena responsabilidade polo contido que sobe e eximindo á Federación Galega de Tenis de Mesa de calquera reclamación, dano ou prexuízo derivado do uso non autorizado de imaxes ou da posible infracción de dereitos de terceiros.

A Federación Galega de Tenis de Mesa resérvase o dereito de eliminar en calquera momento a imaxe subida e/ou iniciar os procedementos que considere oportunos no caso de que se detecte que a imaxe non é adecuada, resulta ofensiva, hiriente, de mal gusto ou contraria á normativa vixente, á legalidade ou aos principios da propia federación.

O usuario poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento, oposición e portabilidade nos termos legalmente establecidos.

A fotografía poderá ser enviada por aqueles particulares que teñan algún tipo de licenza tramitada na tempada en curso.
O proceso é automático, pero pode demorarse un tempo, ata máis dunha hora, na tramitación. Isto depende da carga da rede e doutros factores externos alleos á Federación.
Se, unha vez tramitado, non recibimos resposta no prazo de 24 horas, por favor envíe un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

RESTRICCIONES DE FORMATO DO ARQUIVO
- Peso non superior a 150Kb
- Formatos permitidos: Jpg, Jpeg, Png

PROCESO:
Enviar un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. dende o enderezo que teñamos asociado á nosa licenza.
O correo debe conter un único arquivo, que será a fotografía que se desexe utilizar, respetando as restriccions de formato anteriormente expostas.
O correo debe ser persoal e estar asociado a unha única licenza. Se a licenza non ten un correo gardado, ou ten un do club, ou ben un correo asociado a varias licenzas, o proceso fallará e recibirase un correo de resposta indicando o erro.

NOTA: Para cambiar o correo persoal, débese falar cos delegados de cada club, xa que son eles os encargados de manter os datos correctos na base de datos da Federación.

Tanto se o proceso finaliza correctamente como se non, notificarase mediante correo electrónico.

 

Contactar FGTM

FEDERACION GALEGA DE TENIS DE MESA
Dirección Google Maps
Rua do Deporte 16
15688 Oroso
A Coruña
gmaps
 
Email
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

eusondgan

Xunta2023     DeporteGalego400
  • 3.png2.png9.png1.png2.png7.png8.png
  • Semana 5554