Venres, 14 Xullo 2017 14:49

Circular Nº1 - Procedemento de inscrición de equipos nas ligas


Recórdase que hoxe día 10 ás 24,00 termina o prazo de inscripción para as ligas 3ª nacional, 1ª e 2ª galega para os equipos que participaron a tempada pasada.

Correxido o anexo de inscripción nas ligas galegas, en base ós novos listados de equipos en cada división.

Achégase o listado de equipos que estarán para a próxima tempada en 3ª nacional e 1ª galega, non se puido poñer antes pois estivemos esperando á resolución de ascensos a 2ª nacional por parte da RFETM.
Por iso se ampla o prazo para inscripción ata o 10 de agosto.
Os equipos que faltan están en 2ª galega.Os equipos descendidos a esta categoría son os dous últimos de cada un dos grupos de 1ª galega da tempada 16/17.

Correxíronse algúns erros no anexo de inscripción nas ligas galegas.

Achégase o anexo da Circular Nº1 formulario de inscripción das ligas galegas.

Achégase a Circular Nº1 e as clasificacións das ligas cos ascensos e descensos, estes poderían reaxustarse en canto a RFETM confírmenos a cantidade de equipos que ascenden a 2ª nacional.
Tanto en 2ª galega masculina como 2ª feminina poderanse inscribir os equipos que queiran.
O Anexo á Circular Nº1 publicarase en breve.
Do resto de ligas oficiais informarase máis adiante.

Lido 2260 veces Modificado por derradeira vez o Xoves, 10 Agosto 2017 00:28