- A persoa electora solicitará por escrito o seu dereito ao voto por correo á xunta electoral interesando a súa inclusión no censo especial de voto por correo. Dita solicitude deberá realizarse a partir do día seguinte ao da convocatoria das eleccións e ata cinco días despois da publicación do censo definitivo, cumprimentando o documento normalizado que se axustará o anexo do presente regulamento electoral. Diariamente a xunta electoral remitirá electrónicamente á Secretaria Xeral para o Deporte un listado nominal coas solicitudes de voto por correo solicitadas o día anterior. Non poderán incluírse no censo de persoas con dereito a exercer o voto por correo aqueles electores que non figurasen nos listados nominais, incluído o listado do último día de prazo para solicitalo remitido á Secretaria Xeral para o Deporte.
- A solicitude presentarase persoalmente, exhibindo o DNI, pasaporte ou autorización de residencia na seguinte dirección: C/ Colón, 6 - 6ºB (Vigo), en horario de 10:00 a 13:00 horas.
- No caso de enfermidade ou incapacidade que impida a presentación persoal da solicitude, deberá acreditarse tal extremo mediante certificado médico e poderá ser exercido ese dereito en nome da persoa electora mediante representación autorizada notarialmente e por documento que se estenderá individualmente en relación con cada persoa electora e sen que no mesmo poida incluírse a varias persoas electoras, non podendo unha persoa representar a mais dun elector. Nestes casos, a xunta electoral comprobará, en cada caso, a concorrencia das circunstancias ás que se refire este apartado.
Domingo, 02 Setembro 2018 21:02
Voto por Correo Elecciones 2018
As persoas electoras poderán emitir o seu voto por correo, de conformidade co seguinte procedemento: