Este ANUNCIO recolle, no seu anexo I, a relación de entidades que non teñen adaptados os seus estatutos á Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.
No caso de que as entidades non procedan á adaptación no prazo de dous meses, procederase á súa cancelación rexistral, o que comportará a perda do recoñecemento oficial da entidade.
A publicación pode consultarse no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/
Agradeceríamos se lle dea difusión a esta publicación para que a información chegue ao maior número de entidades posible.
Para facilitar o filtrado da listaxe achegámos un arquivo excel no que se inclúe tamén a modalidade. Esta modalidade é a que figura como principal nos últimos estatutos inscritos pola entidade no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia. Pode darse o caso de que algunha entidade adscrita á vosa federación non apareza coa vosa modalidade ou non conste este dato.