×

Aviso

JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 68

Outros torneos

Martes, 11 Agosto 2015 14:03

TORNEO ZONAL 1 - LUGO Destacado

Despois de múltiples negociacións e reunións en distintas cidades galegas, dificultadas polas recentes eleccións celebradas, conseguimos, un ano máis, traer o TORNEO ZONAL 1 - CLASIFICATORIO PARA OS CAMPIONATOS DE ESPAÑA a Galicia, concretamente a Lugo, contando para iso coa inestimable axuda do Club Dez Portas, artífice principal do acordo ao que se chegou.

Este evento celebrarase os días 31 de outubro, 1 e 2 de novembro no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo.

Modificado por derradeira vez o Martes, 11 Agosto 2015 14:13

Dous novos éxitos para o deportista lucense JOSÉ MANUEL ABELAIRAS LAVANDEIRA (CHISPI) ao conquistar senllas medallas de ouro nos XOGOS MUNDIAIS PARA POLICIAS E BOMBEIROS que se están a disputar en FAIRFAZ VIRXINIA (EE.UU). O deportista lucense logrou gañar no torneo individual en +de 50 anos, non perdendo ningún partido e xogando unha disputada final contra VLADIMIR MARKIN (KAZAKHASTAN ) que logrou gañar por 4/3. Con este mesmo compañeiro formando parella logrou o ouro na competicion de dobres, culminando asi un gran torneo. FELICITACIÓNS.

Abelairas3Abelairas2Abelairas1

Pola súa banda os xogadores/as galegos/as participantes nos CAMPIONATOS DE ESPAÑA celebrados en Antequera, lograron os seguintes resultados:

  • Ana Otero do Cidade de Narón, 3ª en Individual Pre-Benxamín
  • Claudia Canay do Cidade de Narón, 3ª en Individual Alevín
  • Belén Calvo do Arteal, 3ª en Individual Infantil
  • Belén Calvo e Judith Cobas, do Arteal, Campionas de España en Dobres Infantís
  • Anxo Iglesias da A.D. Vincios, 3º en Individual Infantil
  • Javier Benito do Club Oroso, Subcampión Individual Sub 23
  • Raquel Bonilla do Arteal, 3ª en Individual Sub 23
  • Raquel Bonilla do Club Arteal, Campiona de España en Dobres Femininos Absolutos
  • Raquel Bonilla do Club Arteal, 3ª en individual Absoluto
  • Alberto Seoane formado nas filas do Club do Mar, Campión de España Discapacidade Física (Clase 6)
  • O equipo do Infantil Feminino do Arteal, 3º clasificado
  • O equipo do Sub 23 Feminino do Arteal, 3º clasificado
  • O equipo do Sub 23 Masculino do Establecimientos Otero-Cambados, 3º clasificado
  • O equipo Absoluto Masculino do Arteal, 3º clasificado.

A todos eles parabéns pola súa participación. Sen esquecer o resto de equipos e xogadores galegos que, aínda que sen os resultados nomeados, fan que o tenis de mesa galego vaia subindo o seu nivel medio, dentro do ámbito nacional.

Foto PrebenjaminFoto ClaudiaFoto Dobles Femeninos Sub 23Foto AbsolutoFoto Infantil

Modificado por derradeira vez o Venres, 03 Xullo 2015 15:42
Luns, 15 Xuño 2015 21:10

I CAMPUS SAN XOÁN TENIS DE MESA

A solicitud del Club San Xoán publicamos la convocatoria del I CAMPUS SAN XOÁN TENIS DE MESA.

Modificado por derradeira vez o Venres, 19 Xuño 2015 16:46
Domingo, 14 Xuño 2015 23:16

17º TORNEO IBÉRICO

Este fin de semana celebrouse en Aveiro (Portugal) o 17º Torneo Ibérico de Seleccións en categoría Cadete.

Cladia Canay Terceira Clasificada

Modificado por derradeira vez o Luns, 03 Agosto 2015 19:22
Domingo, 03 Mai 2015 15:50

XXIV CAMPIONATO DE ESPAÑA VETERANO Destacado

Elías Ramos da Sociedad Deportiva Hípica CAMPIÓN DE ESPAÑA VETERANO DE +70 ANOS.

Francisco González do Club Tenis de Mesa Coruña TERCEIRO CLASIFICADO EN INDIVIDUAL VETERANO +60 ANOS.

José MAbelairas e José Piñeiro do Club Ferrol de Tenis de Mesa TERCEIROS CLASIFICADOS EN DOBRES VETERANOS +50 ANOS.

Podium EliasFinal 70

Todos estes resultados veñen a redondear un gran fin de semana para Galicia ao sumalos aos conseguidos polas seleccións infantís e cadetes.

Dende a Xunta Directiva da Galega queremos felicitar todos estes xogadores e xogadoras, dos dous campionatos disputados e, como non pode ser doutro xeito, os seus respectivosclubs, pois sen eles sería imposible alcanzar tan altas metas.

Modificado por derradeira vez o Martes, 12 Mai 2015 12:25

Fotos da entrega de trofeos

Podium Silvia AlvarezPodium Claudia Canay

Silvia Álvarez SUBCAMPIONA de España Cadete Feminina.

Podium Uxio RegueiroPodium equipo cadete masculino

Podium equipo infantil femininoPodium equipo cadete feminino

Expedicion e trofeos

Final Cadete FemininaFinal Cadete Feminina1

Claudia Canay y Uxío Regueiro TERCEIROS clasificados en Infantil e Cadete, respectivamente.

Finais individuais

Javier Diz, Noelia Santiago y Belén Calvo caeron eliminados en cuartos de final.

Helena Martín e Judith Cobas foron eliminadas en oitavos de final.

Alexandre Iglesias, Andrés Torres e Santiago Otero caeron en 16º.

Anxo Iglesias está desputando a final de consolación en Catedete Masculina.

 

Modificado por derradeira vez o Martes, 12 Mai 2015 11:12
Luns, 15 Setembro 2014 16:17

ALBERTO SEOANE CAMPIÓN DO MUNDO

ALBERTO SEOANE (xogador formado no Club do Mar da Coruña), CAMPIÓN DO MUNDO formando parte da Selección Española da Clase 6/7 para Persoas con Discapacidade, celebrado,  estos días, en China (pódese ver a noticia ampliada no diario DXT da Coruña, e que adxuntamos en arquivo).

A Xunta Xestora da Federación Galega non pode deixar pasar este momento sin darlle os nosos parabéns, eo do resto do noso mundillo en Galicia, a este primer gran campión do mundo galego en tenis de mesa, desexándolle que continúen e aumenten os éxitos acadados nos últimos tempos.

Modificado por derradeira vez o Luns, 15 Setembro 2014 16:53
Sábado, 05 Xullo 2014 10:47

IX TORNEO 24 HORAS A.D. VINCIOS

Máster e listados.

A petición do Club A.D. Vincios publicamos a convocatoria e o cartel do IX TORNEO 24 HORAS A.D. VINCIOS.

Modificado por derradeira vez o Sábado, 05 Xullo 2014 11:09

ALBERTO SEOANE ALCARAZ proclamouse CAMPIÓN do OPEN DE ESLOVAQUIA celebrado nestas datas na localidade de Bratislava, na proba de DISCAPACITADOS FÍSICOS - CLASE 6.

Para obter este gran resultado enfrontouse en grupos aos xogadores: Daniel Bobrov de Israel ao que derrotou polo apertado resultado de 3 xogos a 2. Roger Ljunggren de Suecia por 3 a 0. Alexander Nagy de Eslovaquia por 3 a 0.

En cuartos enfrontouse a Tomás de Vito de Argentina impoñéndose por 3 xogos a 1.

En semifinais tivo en fronte ao xogador David Wetherill de Gran Bretaña gañándolle por 3 a 1.

E xa, na final se encontrou co chinés Chao Chen logrando derrotalo por 3 xogos a 1.

Dende a Xunta Directiva da Federación Galega queremos dar o parabén a este gran xogador, formado nas filas do Club do Mar de San Amaro, desexando que continúen os éxitos no fúturo, que premien o esforzo e dedicación de moitos anos.

Modificado por derradeira vez o Sábado, 17 Mai 2014 01:45

Publicamos a nota elaborada por Francisco Monroy, Delegado en Galicia da Asociación Española de Xogadores Veteranos de Tenis de Mesa.

Del 1 al 4 de mayo se jugaron en Marina D'Or (Castellón) los campeonatos de España de Veteranos con una participación de más de 400 jugadores y un total de 116 equipos. Como siempre buen ambiente y un gran nivel que va en aumento cada año.

Por parte de Galicia han logrado subir al podio los siguientes: en equipos femeninos el CTM Coruña consiguió el tercer puesto con las jugadoras Conchi López y Beatriz Ceide. 

En dobles de más de 50 masculino Juanjo Miguélez haciendo pareja con el catalán Jaume Jofre consiguió quedar campeón de España en una brillante final y competida al máximo.

En individuales de más de 75 fue tercero Enrique Fernández del Vincios.

En individuales de más de 70, Manuel Martínez Prieto de la Hípica también fue tercero.

Y Beatriz Ceide del CTM Coruña consiguió la medalla de bronce en más de 50 femenino.

Independientemente de los resultados finales hay que indicar que todos los gallegos han jugado a muy buen nivel.

La próxima cita a nivel nacional para los veteranos asociados a la Asociación Española de Jugadores Veteranos de Tenis de Mesa, será un TOP que se jugará en El Álamo (Madrid) los días 7 y 8 de junio.

Modificado por derradeira vez o Venres, 09 Mai 2014 22:03
Páxina 3 de 4