Domingo, 14 Xuño 2015 23:16

17º TORNEO IBÉRICO

Este fin de semana celebrouse en Aveiro (Portugal) o 17º Torneo Ibérico de Seleccións en categoría Cadete.

Cladia Canay Terceira Clasificada

Este fin de semana celebrouse en Aveiro (Portugal) o 17º Torneo Ibérico de Seleccións en Categoría Cadete, contando coa participación de 8 seleccións masculinas e femininas:

  • Andalucía
  • ATM Madeira
  • Castela e León
  • ATM Aveiro
  • ATM Vila Real
  • ATM Porto
  • Castela a Mancha
  • Galicia.

E 24 xogadores e xogadoras., desprazando a Federación Galega aos xogadores/ás:

  • Claudia Canaya del Cidade de Narón
  • Noa Bernárdez del Cub Monte Porreiro
  • Mariña Chaves del Club Cambados TM
  • Diego Varela del Club del Mar de San Amaro
  • Alexandre Iglesias del Club Otoso TM
  • José Rodríguez del Club Monte Porreiro

Foron dirixidos polos técnicos Adrián Vidal e Adrián Expósito.

Unha vez máis os resultados pódense considerar como excelentes ao lograr posicións moi meritorias como o TERCEIRO POSTO de Claudia Canay ou, o 5º posto de Noa Bernárdez, en categoría feminina.

Pola súa parte en categoría masculina o mellor posto foi logrado por Diego Varela ao lograr quedar entre o 9º eo 12º posto.

En equipos os resultados acadados polos seleccionados foron:

  • 4º posto en Equipos Femininos
  • 6º posto en Equipos Masculinos
Lido 1825 veces Modificado por derradeira vez o Luns, 03 Agosto 2015 19:22

Galería de imágenes