Mércores, 22 Outubro 2014 19:20

LIGAS DE 3ª DIVISIÓN MASCULINA, 1ª E 2ª DIVISIÓN GALEGA Destacado

O equipo do Arteal Ventanas de 3ª División Masculina xoga con pelotas de PLÁSTICO, e o equipo de 2ª Galega Centro con pelotas de CELULOIDE.

Aconséllase volver revisar e, no seu caso imprimir, os calendarios das distintas ligas, ao ter cambiado o nome de varios dos equipos participantes ou, aos cambios producidos nos horarios de moitos encontros.

Cambiados tamén na aplicación da suba dos resultados.

Ante o escaso número de actas enviadas, ata a data, da 1ª xornada, recórdase a obriga de enviar unha copia das actas a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou por correo a: Antonio Lasén Casas - Travesía Salgueiral, n.º 22 -36626 - Illa de Arousa (Pontevedra). En caso de incumprimento desta norma, están consideradas sancións a aplicar polo Xuíz Único da FGTM.

Subidas novas actas, adaptadas aos equipos que terminan en empate.

Os equipos do Breogán Oleiros xogarán con pelotas de celuloide.

Ante os problemas xurdidos nalgún encontro sobre a pelota a utilizar, informamos que cada equipo ten que utilizar a que cada un elixiu, no seu momento.

A acta dos encontros pódense enviar vía correo electrónico a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Aconséllase a todos os clubs participantes nestas ligas que revisen os distintos calendarios ao terse producido cambios nalgunhas delas, no día e hora de xogo, nome comercial, etc.

Solicítase aos clubs participantes nas distintas ligas, facilítennos as coordenadas GPS dos seus locais de xogo, co fin de facilitar a orientación e, perfecta localización destes, para o cal, teñen que poñerse en contacto con Antonio Lasén no correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

O equipo do Ferrol Promesas participante na liga de 1ª División Galega - Grupo Norte, fai un cambio de residencia e, pasa a xogar en Lugo, baixo a denominación de TM Milagrosa Ferrol.

Subido o modelo de acta a empregar nas distintas ligas.

Encóntranse a disposición dos clubs que o desexen, blocks de actas, ao prezo de 5 €.
Os clubs interesados teñen que facer o seguinte:

  1. Ingresar na conta da FGTM a cantidade necesaria, para os blocks que soliciten.
  2. Poñerse en contacto co Secretario da FGTM.
  3. Achegar o xusticante de pagamento.

Recórdase que non se disputa o dobre, polo que se poden dar os seguintes resultados: 4-2 / 5-1 / 6-0 / 3-3.

Datos dos equipos participantes nas distintas ligas.

Subidos os grupos definitivos (1ª volta) das ligas de 3ª División Nacional Masculina, 1ª e 2ª Galega.

Como se pode ver, os equipos de Galmédica e Lalín (por problemas de local) piden xogar os sábados pola mañá, según se especifica nos respectivos calendarios. Os clubs que non poidan ou queiran xogar nestes horarios, teñen que comunicalo a Antonio Lasén: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., para buscar alternativas.

Lido 2874 veces Modificado por derradeira vez o Mércores, 22 Outubro 2014 19:41