O formulario de preincripción dos equipos nas distintas ligas tense que enviar a Antonio Lasén - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - antes das 20:00 horas do 20 de xullo de 2014.
3ª DIVISIÓN NACIONAL MASCULINA
Liga regular a dobre volta.
24 equipos participantes (como máximo), divididos en 2 grupos de 11 a 13 equipos, por proximidade xeográfica.
1ª DIVISIÓN GALEGA
Liga regular a dobre volta.
36 equipos participantes (como máximo), divididos en 3 grupos de 11 a 13 equipos, por proximidade xeográfica.
2ª DIVISIÓN GALEGA
Liga regular a dobre volta.
De inscrición libre, na que os equipos participantes se dividirán en grupos de 8 a 12 equipos, por proximidade xeográfica.
NORMAS BÁSICAS
Tódolos encontros das ligas galegas deberán ter árbitro designado.
Nos encontros de 3ª División Nacional Masculina e 1ª División Galega os árbitros deben exercer a súa labor co uniforme oficial.
O equipo local entregará ao árbitro, en concepto de Dietas de Arbitraxe, a cantidade que corresponda.
Os locais de xogo onde se celebren os encontros deberán ter un área mínima de 9 metros de largo, 5 de ancho e 3 de alto, sen obstáculos, con chan uniforme e delimitada en todo o seu contorno por valos.
Os clubes deberán dispor nos locais de xogo do seguinte:
· Mesa de xogo, en condicións regulamentarias, de calquera das marcas oficiais ITTF para ligas nacionais.
· Mesa e cadeira para o árbitro.
· Bancos ou cadeiras, para cada un dos equipos.
· Seis pelotas novas.
· Un marcador.
· Actas oficiais.