Martes, 20 Setembro 2016 01:00

XVI TORNEO ABERTO INTERNACIONAL “CONCELLO DE GONDOMAR” DE TENIS DE MESA Destacado

Publícanse de novo os resultados, unha vez axustados os puntos dos xogadores que entraron novos no ránking, para que se correspondan mellor co seu nivel real e non produzan resultados inxustos na medida do posible.

 

 

15/9/2016 - Cadros finais, grupos e máster definitivos.

Reformouse o máster para encadrar aos participantes que disputarán a proba de AFICCIONADOS. 

Á parte das dúas mesas e horarios reservados para eles, continuarán xogando en horario de 14 a 16 horas e, nos ocos que queden nos horarios da tarde.

A consecuencia do anterior e, para corrixir un erro na inscrición dun xogador, cambiáronse horarios e mesas, reformando ademais o grupo tres do absoluto masculino (que pasa de 5 a 6 xogadores).

A partir deste momento os cadros considéranse definitivos, polo que non sufrirán cambios.

Por tanto, aconséllase revisar todos os cadros para evitar posibles malentendidos o día da competición.

Antonio Lasén (Xuíz Árbitro) no teléfono: 677343968, ou no mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Normativa do XVI TORNEO ABERTO INTERNACIONAL "CONCELLO DE GONDOMAR", a celebrar os días 17 e 18 de setembro de 2016.

O prazo de inscrición remata as 22 horas do martes 6 de setembro.

Lido 2985 veces Modificado por derradeira vez o Martes, 20 Setembro 2016 01:47