1/9/2016 - Subido o máster, grupos e cadros finais de todas as probas.
Debido a múltiples factores rectificáronse grupos e fases finais de moitas das probas para celebrar.
Recoméndase comprobar todos os cadros, para evitar posibles confusións durante a celebración da competición.
A partir da data, os distintos cadros non se rectificarán como non sexa para compensar grupos onde se produciron baixas, sen alterar, por iso, o resto dos grupos.
31/8/2016 - Rectificación do ranking por proba.
Prodúxose un cambio importante no ranking do ABSOLUTO MASCULINO, debido a que non se detectara que un dos xogadores que se incorporan novos ó ranking do circuito é de súper división. Tendo en conta o seu ranking de liga pasa a ser o cabeza de serie nº 1.
Esto, xunto con algunhas baixas que se produxeron, suporá cambios na composición dos grupos que se publicarán nas próximas horas.
31/8/2016 - Máster e grupos provisionais.
Antonio Lasén (Xuíz Árbitro) no teléfono:677343968, ou no mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Normativa do VI Torneo Internacional Concello de Oroso.