×

Aviso

JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 111

Campeonatos

Luns, 09 Mai 2016 00:10

XXIX CAMPIONATO GALEGO INFANTIL Destacado

Subidos os resultados e clasificacións do XXIX Campionato Galego Infantil celebrado os días 7 e 8 de maio en Gondomar

IMG 20160507 WA0001 1IMG 20160507 WA0002

 

Modificado por derradeira vez o Luns, 09 Mai 2016 00:43
Luns, 02 Mai 2016 19:44

CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE VETERANOS Destacado

Grandes resultados alcanzados por Quico González e Mateo Civantos nos Campionatos de España de Veteranos disputados estes días en Tomares (Sevilla).

Quico González quedou Campión de Veteranos 65 anos e Subcampión de dobres masculinos.

CEV Campeon 60 años QuicoCEV Subcampeon 60 años dobres Quico

Pola súa banda Mateo Civantos quedou Campión de Veteranos de 50.

CEV Campeon 50 años Civantos

Desde a Directiva da FGTM queremos transmitir o noso parabén a estes dous xogadores, así como ao resto dos participantes nestes campionatos.

Luns, 28 Marzo 2016 22:15

XXIX CAMPIONATO GALEGO XUVENIL Destacado

Resultados do XXIX Campionato Galego Xuvenil celebrado en Noia os días 26 e 27 de marzo de 2016.
Modificado por derradeira vez o Xoves, 21 Xullo 2016 22:18

Resultados dos Campionatos Galegos Benxamíns, Xuvenís, Sénior e Absolutos.

 

Modificado por derradeira vez o Venres, 29 Abril 2016 22:23
Sábado, 26 Marzo 2016 22:02

XVIII CAMPIONATO GALEGO BENXAMÍN Destacado

Resultados do XVIII Campionato Galego Benxamín, celebrado en Narón os días 24 e 25 de marzo de 2016
Modificado por derradeira vez o Xoves, 21 Xullo 2016 22:08
Venres, 29 Xaneiro 2016 11:12

CAMPIONATOS GALEGOS Destacado

  • A Xunta Directiva da Federación Galega, á vista das solicitudes recibidas, tomou o acordo de conceder a organización dos distintos campionatos galegos ás entidades e nas datas seguintes:
  • Club Tenis de Mesa Cidade de Narón, 24/25 de marzo (Campionato Galego Absoluto e Campionato Galego Benxamín).
  • Sociedade Liceo de Noia, 26/27 de marzo (Campionato Galego Xuvenil e Campionato Galego Sénior).
  • TDM Vilalba, 4/5 de xuño (Campionato Galego Alevín e Campionato Galego Sub 23).
  • Agrupación Deportiva Vincios, 7/8 de maio (Campionato Galego Infantil e Campionato Galego Veterano).
  • Club San Xoán TM, 21/22 de maio (Campionato Galego para persoas con Discapacidade Física e Intelectual e Campionato Galego Pre-Benxamín).
Modificado por derradeira vez o Luns, 04 Abril 2016 21:06
Sábado, 09 Xaneiro 2016 12:12

SOLICITUDE DE CAMPIONATOS GALEGOS Destacado

Con motivo de celebrarse o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS TERRITORIAIS INFANTÍS E CADETES coincidindo cos CAMPIONATOS GALEGOS ALEVÍNS E SUB 23, é polo que, a Xunta Directiva da Federación Galega na reunión celebrada no día de onte tomou a decisión de pasar o devandito evento para o día 4/5 DE XUÑO DE 2015.

Todas as entidades que desexen organizar algún campionato galego, teñen que poñerse en contacto coa Federación Galega de Tenis de Mesa, enviando un mail a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., antes das 22:00 horas do día 22 de xaneiro de 2015, onde á parte de achegar todos os trofeos (campión, subcampión e semifinalistas), teranse en conta e valorarán as ofertas que veñan acompañadas da achega de árbitros, auga para os participantes, etc.

As datas de celebración dos distintos campionatos galegos son as seguintes:

  • 24/25 de marzo (Campionato Galego Absoluto), 25/26 de marzo (Campionato Galego Benxamín), 26/27 de marzo (Campionato Galego Xuvenil), 27 de marzo (Campionato Galego Sénior)
  • 4/5 de xuño (Campionato Galego Alevín e Campionato Galego Sub 23)
  • 7/8 de maio (Campionato Galego Infantil e Campionato Galego Veterano.
  • 21/22 de maio (Campionato Galego para persoas con Discapacidade Física e Intelectual e Campionato Galego Pre-Benxamín.
Modificado por derradeira vez o Luns, 11 Xaneiro 2016 11:00
Mércores, 04 Novembro 2015 10:42

TORNEO ZONAL 1 - LUGO Destacado

Subidos os resultados en arquivos adxuntos.

Resultados mais destacados logrados polos xogadores/as galegos:

Benxamín feminino: 1ª Ana Otero (Cidade de Narón).

Alevín feminino: 3ª Luisa Pintos (A.D. Vincios), 4ª Laura Rodríguez (Cinania T.M.)

Alevín masculino: 4º Mario García (Cidade de Narón).

Infantil feminino: 1ª Claudia Canay (Cidade de Narón), 2ª Helena Martín (Cidade de Narón), 3ª Noa Fernández (Monte Porreiro).

Infantil masculino: 1º Andrés Torres (A.D. Vincios), 4º Javier Diz (Club del Mar).

Xuvenil feminino: 1ª Silvia Álvarez (Oroso TM), 2ª Belén Calvo (Arteal), 4ª Judith Cobas (Arteal).

Xuvenil masculino: 2º Martín Pintos (AD Vincios), 3º Santiago Prieto (Monte Porreiro).

Sub 23 feminino: 2ª Saleta López (Oroso TM).

Sub 23 masculino: 1º Marcos Sanmartín (Oroso TM), 2º Carlos Domínguez (Vilagarcía TM), 4º Martín González (Club del Mar).

Sénior feminino: 1ª Teresa Nine (Arteal), 3ª Cristina Fernández (Oroso TM), 4ª Victoria Cadilla (Monte Porreiro).

Sénior masculino: 1º Ignacio Fernández, 2º Adrián Arias (Club del Mar), 3º Lucas Rodríguez (Helios Bembrive).

Veterano feminino: 4ª Isabel Rodríguez (Club Coruña).

Veterano 40 anos: 3º José M. Fernández (San Xoán TM), 4º José Fdez. Abarquero (Academia San Mamed Ourense TM).

Veterano 50 anos: 2º José R. Fernández (Mercantil de Vigo), José M. Abelairas (Milagrosa TM).

Discapacitados físicos pé: Yago Pita (Club del Mar), Juan Monzón (Cidade de Narón), Santiago López (Grumico), Santiago Brandariz (Grumico).

O Presidente da Federación Galega xunto coa súa Xunta Directiva quere felicitar a todos os galardoados, así como aos innumerables clasificados para a seguinte fase, sen esquecer aos seus respectivos clubs, que un ano máis conseguiron estar por encima do resto, tanto en número de participantes (250 de 450 participantes), como polos resultados obtidos.

 

Modificado por derradeira vez o Mércores, 04 Novembro 2015 11:19
Martes, 09 Xuño 2015 18:49

XXIII CAMPIONATO GALEGO SUB 23 E ALEVÍN Destacado

9 DE XUÑO

Resultados totais e parciais e clasificacións.

 

Modificado por derradeira vez o Venres, 19 Xuño 2015 16:44
Martes, 26 Mai 2015 16:35

IV CAMPIONATO GALEGO PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE Destacado

Resultados e clasificacións.

Modificado por derradeira vez o Mércores, 10 Xuño 2015 12:43