Luns, 12 Febreiro 2018 11:00

Cambio de Aseguradora - Plan Xogade

O Plan Xogade cambia de Aseguradora a noite do 15 ao 16 de febreiro, ás 12 da noite.
Achegámoslle o novo protocolo para que se familiaricen con el e para que informen ás súas entidades e usuarios.
Para comunicar un sinistro deberán aportar o seu IDENTIFICADOR, téñeno no carné de Xogade desde hoxe.
MOI IMPORTANTE: Todos os lesionados ata o día 15, incluído, deben dar o parte de accidente na aplicación ese día sen falta.
Os lesionados do día 16 deben empregar xa o novo protocolo.
Lido 1714 veces