A FGTM leva un tempo intentado atopar unha persoa que colabore neste Comité sen obter resultados. Os actuais membros da Xunta Directiva da FGTM non poden asumir as labores do Comité de Ranking por atoparse sobrecargados debido a elevada carga de traballo que representa agora mesmo a xestión da federación. Por tanto, e ante a urxencia da situación actual, a Comisión Delegada ven de aprobar por unanimidade en reunión celebrada hoxe que, nas próximas competicións oficiais organizadas pola FGTM, e mentres non apareza unha persoa disposta a asumir o Comité de Ranking, o ranking a empregar será o último publicado pola RFETM no momento da confección dos cadros de competición. Dende a Xunta Directiva da FGTM queremos animar a tódolos membros do tenis de mesa galego a que colaboren na medida das súas posiblidades coa FGTM. Cada pequeno gran que podamos aportar é moi importante, entre todos podemos facer que o noso deporte sexa mais grande. |