Dirección deportiva
CAMPIONATOS DE ESPAÑA EN IDADE ESCOLAR Destacado
Un ano máis as seleccións galegas infantís e cadetes lograron uns grandes resultados nos Campionatos de España de Xogadores en Idade Escolar Infantil e Cadete, celebrados dende o venres ao domingo en Cáceres.
Os principais resultados obtidos foron os seguintes:
Subcampionas: equipos cadetes femininos.
Semifinalistas: equipos cadetes masculinos e equipos infantís femininos
7º: equipos infantís masculinos
Subcampiona: Judith Cobas en cadete
Semifinalistas: Belén Calvo en cadete e Claudia Canay e Noa Bernárdez en infantil.
Desde a Directiva da FGTM queremos transmitir o noso parabén a todos os xogadores seleccionados.
Clinic de Verano KsasTM 2016
CAMPIONATO DE ESPAÑA ESCOLAR - CÁCERES 2016 Destacado
CONCENTRACIÓN EN SIGÜEIRO Destacado
PRESELECCIÓN XOGADOR@S CAMPIONATO ESPAÑA ESCOLAR Destacado
Xogadores/as preseleccionados para participar no Campionato de España Escolar Infantil e Cadete a celebrar en Cáceres, do 28 de abril ó 1 de maio.
CONCENTRACIÓN DE TECNIFICACIÓN EN PONTEVEDRA Destacado
CONCENTRACIÓN DE XOGADORES BENXAMÍNS E ALEVÍNS EN OROSO Destacado
CONCENTRACIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA Destacado
Xogadores participantes na Concentración da Deputación Provincial Da coruña que se está a celebrar este fin de semana en Oroso.
TORNEO IBÉRICO-AVEIRO 2015
Xogadores/as seleccionados para participar no TORNEO IBÉRICO-AVEIRO 2015 a celebrar o 13 e 14 de xuño de 2015.
CAMPIONATOS DE ESPAÑA EN IDADE ESCOLAR INFANTIL E CADETE
Xogadores/as galegos SELECCIONADOS para participar nos CAMPIONATOS DE ESPAÑA EN IDADE ESCOLAR INFANTIL E CADETE a celebrar en Albacete do 30 de abril ao 3 de maio.
Más...
CONCENTRACIÓNS PROVINCIAIS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA Destacado
Concentracións provinciais da Deputación da Coruña, a celebrar os días 2, 3 e 4 de xaneiro de 2015, nas delegacións de A Coruña, Ferrolterra e Santiago, dirixido a tódolos xogadores/as galegos nas categorías: benxamín, alevín, infantil e xuvenil.
O prazo de inscrición remata o 31 de decembro.
GALICIA SUBCAMPIONA EN AVILÉS Destacado
Gran actuación dos seleccionados galegos en Avilés acadando o segundo posto no Interterritorial.
A nivel individual destacar os ouros de Claudia Canay, Pedro Fernández, Belén Calvo, Martin Pintos e Silvia Alvarez.
Tamén tiveron podium no segundo lugar Judith Cobas e no terceiro lugar Anxo Martin e Santiago Prieto.
PARABÉNS RAPACES E RAPAZAS, GRAZAS POR SEGUIR DIGNIFICANDO O TENIS DE MESA PARA AS CORES IRMANDIÑAS, LEVANDO A GALICIA A LUGARES DE HONRA NO TENIS DE MESA NACIONAL.
HORARIOS INTERTERRITORIAL Destacado
Convocatoria Torneo Interterritorial Destacado
Publicase a circular nº6 sobre convocatoria de xogadores categorias inferiores, para o Torneo Interterritorial, a disputar o 20 e 21 de setembro en Avilés.
SUSPENSIÓN DO CAMPAMENTO DE VERÁN Destacado
PREINSCRICIÓN CAMPAMENTO DE VERÁN EN SAN XOAN Destacado
LEMBRATE DE PRE-INSCRIBIRTE, AMPLIAMOS O PRAZO ATA O LUNS 21 ÁS 20 HORAS
Abrese un prazo de pre-inscrición de nenos e nenas, con licenza na tempada 2013-14, coa fin de poder valorar e organizar o campamento de verán que nos último anos a FGTM, organiza en colaboración co club San Xoan, nas instalacións do CEIP San Xoán de Filgueira en Ferrol.
Tamén para poder ver a aportación económica que terá que realizar cada un dos nenos e nenas participantes.
Dito campamento terá lugar do 18 ao 22 de agosto para as categorías benxamin, alevin, infantil, cadete e xuvenil.
Podedes preinscribirvos até o 18 de xullo no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando nome e apelidos, número de licenza, club, data de nacemento, teléfono móbil e fixo e correo electrónico de contacto.
GALICIA, 3ª EQUIPA FEMININA NO TORNEO IBÉRICO EN FERROL Destacado
A SELECCIÓN GALEGA ALEVIN FEMININA, INTEGRADA POLAS FERROLANAS CLAUDIA CANAY E HELENA MARTIN E A PONTEVEDRESA NOELIA SANTIAGO, ACADOU O TERCEIRO LUGAR NO TORNEO IBÉRICO DISPUTADO ESTA FIN DE SEMANA NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE ESTEIRO EN FERROL.
ACOMPAÑARON NO PODIUM ÁS GALEGAS, NO PRIMEIRO LUGAR ANDALUCÍA E NO SEGUNDO VILA REAL B, SENDO CUARTA VILA REAL A
MADEIRA, PORTO E AVEIRO FORON OS TRES PRIMEIROS NA CATEGORÍA MASCULINA, E CUARTA CASTILLA E LEÓN.
A NIVEL INDIVIDUAL DESTACAR O PODERÍO MADEIRENSE, SENDO SO TRES XOGADORES DA SÚA SELECCIÓN MASCULINA OS QUE OCUPARON OS TRES LUGARES DO PODIUM, TIAGO LI, TIAGO PEDRA E ALEXANDRE FARIA. O GALEGO ANDRÉS TORRES ACADOU O SEXTO LUGAR.
NA PROBA INDIVIDUAL FEMININA A MELLOR GALEGA FOI A FERROLANA CLAUDIA CANAY QUE ACADOU O QUINTO LUGAR, SENDO O PODIUM OCUPADO POR CARMEN HENARES DE ANDALUCÍA, MARIA MATOS DE VILA REAL E ANA VERTIZ DE ANDALUCÍA, SENDO CUARTA ANDREA PEREZ DE ANDALUCÍA. NOELIA SANTIAGO FINALIZOU NO SETIMO LUGAR.
PUBLICAMOS OS RESULTADOS COMPLETOS.
PODEDES VER AS FOTOS NO FACEBOOK DA FGTM https://www.facebook.com/FGALEGATENISMESA