Un ano máis as seleccións galegas infantís e cadetes lograron uns grandes resultados nos Campionatos de España de Xogadores en Idade Escolar Infantil e Cadete, celebrados dende o venres ao domingo en Cáceres.
Os principais resultados obtidos foron os seguintes:
Subcampionas: equipos cadetes femininos.
Semifinalistas: equipos cadetes masculinos e equipos infantís femininos
7º: equipos infantís masculinos
Subcampiona: Judith Cobas en cadete
Semifinalistas: Belén Calvo en cadete e Claudia Canay e Noa Bernárdez en infantil.
Desde a Directiva da FGTM queremos transmitir o noso parabén a todos os xogadores seleccionados.