Uxío Regueiro 1º (Oroso), Diego Varela 2º (Club do Mar) e Rubén García 3º(San Xoan), os tres podiums individuais
Salientar que a pesar do forte calor, unha vez máis os rapaces e rapazas derono todo para acadar éste bo resultado, dada a dificultade de poder vencer aos anfitrións, que levan un lustro vencendo nas categorias inferiores.
Ademáis resaltar que os debutantes, Diego Varela, Luisa Pintos e Claudia Canay, xogaron como se levaran varias convocatorias, non lles tremeu a man a ningún momento, o que nos congratula vendo que temos futuro.
Uxío Regueiro, demostrou non ter rival desta volta, cun bo e regular xogo, subindo ao máis alto do podium.
Tamén resaltar o bo nivel en xuvenil, onde Rubén García, fixo un xogo moi regular, que o levou ao terceiro lugar do podium, logo de facer uns moi bos partidos cos seus compañeiros de caixón, os andaluces Dragos Antimir e Carlos Caballero, xogadores de División de Honra.
Podedes consultar os resultados no arquivo que se achega.