Luns, 01 Mai 2023 20:30

Tres concentracións de tecnificación simultáneas en Oroso

Este luns 1 de maio, dia do traballador, o tenis de mesa galego traballou máis que nunca.
Por primeira vez na historia da FGTM, celebráronse 3 concentracións de tecnificación de forma simultánea, e con un gran éxito de participación.
A Concentración de Tecnificación TM Adaptado reuniu un total de 9 xogadres/as tanto de silla como de pé ás ordes do adestrador Samuel Pereiro.
Por outra banda, Judit Cobas, foi a encargada de dirixir a Concentración de Tecnificación Feminina, cun total de 12 xogadoras procedentes de distintos puntos xeográficos de Galicia e dende a categoría infantil ata a veterana.
E por último, a Concentración de Preselección para o Torneo Ibérico, onde 14 dos nosos mellores xogadores/as nados no 2010 ou posterior, adestraron baixo a dirección de Cristofer Santiago e Valeri Malov co obxectivo de prepararse para o próximo Torneo Ibérico que se celebrará no mes de Xuño en Fátima en onde 3 nenos e 3 nenas serán os elixidos para representar a Galicia fronte a otras selección autonómicas españolas e portuguesas.
Agradecer a todos os participantes o bo traballo realizado durante a xornada de hoxe, e especialmente ós Sparrings inscritos: Ihor Zavadskyi, Martín Fernández, Uxio Pamín e Esteban Rodríguez.


01 02 03

 

 

Lido 534 veces Modificado por derradeira vez o Luns, 01 Mai 2023 20:38