
Antonio F. Lasén Casás
Máster e listados.
A petición do Club A.D. Vincios publicamos a convocatoria e o cartel do IX TORNEO 24 HORAS A.D. VINCIOS.
Grupos provisionais de equipos participantes nas ligas de 3ª División Nacional Masculina, 1ª e 2ª División Galega, cos kilometraxes de cada grupo.
Dáse de prazo ata as 22:00 horas do sábado 26 de xullo para propoñer, ou alegar, canto se poida considerar oportuno á conformación dos grupos provisionais propostos, para o cal, teñen que poñerse en contacto con Antonio Lasén no: 677343968, ou no correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Asemblea Xeral Extraordinaria: Regulamento Electoral, Calendario Electoral, etc.
Asemblea Xeral Ordinaria: Calendario de Competicións, Normativa de Ligas e Normativa de Campionatos.
Subidas as convocatorias das Asembleas Xerais Ordinaria, Extraordinaria e Comisión Delegada da Federación Galega de Tenis de Mesa.
ALBERTO SEOANE ALCARAZ proclamouse CAMPIÓN do OPEN DE ESLOVAQUIA celebrado nestas datas na localidade de Bratislava, na proba de DISCAPACITADOS FÍSICOS - CLASE 6.
Para obter este gran resultado enfrontouse en grupos aos xogadores: Daniel Bobrov de Israel ao que derrotou polo apertado resultado de 3 xogos a 2. Roger Ljunggren de Suecia por 3 a 0. Alexander Nagy de Eslovaquia por 3 a 0.
En cuartos enfrontouse a Tomás de Vito de Argentina impoñéndose por 3 xogos a 1.
En semifinais tivo en fronte ao xogador David Wetherill de Gran Bretaña gañándolle por 3 a 1.
E xa, na final se encontrou co chinés Chao Chen logrando derrotalo por 3 xogos a 1.
Dende a Xunta Directiva da Federación Galega queremos dar o parabén a este gran xogador, formado nas filas do Club do Mar de San Amaro, desexando que continúen os éxitos no fúturo, que premien o esforzo e dedicación de moitos anos.