Xoves, 18 Xullo 2013 00:00

3ª DIVISIÓN NACIONAL MASCULINA

Recordamos que o día 20 de xullo finaliza o prazo de preinscrición das ligas de Primeira e Segunda División Galega.

Informamos que para poder facer a preinscrición de equipos para as ligas de 1ª, 2ª e 3ª División Galega, teñen que enviar a Antonio Lasén, como Presidente do Comité de Actividades, un correo a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
No mes de agosto/setembro subirase unha circular cun formulario para que o cubran os equipos preinscritos, onde se lles pedirá que nos faciliten todos os datos necesarios para poder facer os respectivos calendarios, locais de xogo, etc.

Listado de equipos participantes nas ligas de Primeira, Segunda e Terceira División Galega.

O prazo de pre-inscrición finaliza o día 20 de xullo.

Lido 1273 veces Modificado por derradeira vez o Xoves, 18 Xullo 2013 00:45