Novas da FGTM

                               
            FGTM 100                

 

Adxúntase convocatoria de Becas Universo Mujer - RFETM para deportistas de categoría feminina, para todas aquelas deportistas interesadas. 
Toda a info no siguinte enlace, coa ampliación do plazo ata o 30 de Setembro de 2023.

 

Martes, 01 Agosto 2023 12:46

Venta de mesas usadas

FGTM 100                

Últimas unidades disponibles:

A FGTM pon á venta mesas usadas de 25 mm de grosor e homologadas pola ITTF.

IMPORTANTE: a xestión do transporte e do coste do mesmo, corre por conta do comprador. Tamén se recorda que non será autorizada a saída do material ata que se reciba o importe do coste das mesas adquiridas. 

Os interesados poden dirixirse a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. para solicitar presuposto, indicando o número de mesas a adquirir así como os datos fiscais para a posterior facturación. No presuposto constarán os datos bancarios para o pago, sendo este o único método de pago posible, así como a localización das mesas para a súa posterior recollida.

Disponibilidade ata agotar existencias.

 

Modificado por derradeira vez o Martes, 29 Agosto 2023 18:55
Mércores, 16 Agosto 2023 10:20

Enquisa valoración FGTM

FGTM 100                

Tras medio ano da actual Xunta Directiva ó frente da FGTM, queremos saber a opinión dos membros do tenis de mesa galego. O noso interés é construir unha federación por e para tódolos integrantes do tenis de mesa galego, buscando medrar todos xuntos, porque sabemos que ésta é a única forma de poder conseguilo.
Por iso, precisamos das vosas opinións e aportacións para, entre todos, facer unha FGTM mellor.

Gracias por colaborar con nós!

Acceder á Enquisa de Valoración

 

FGTM 100                          

 

Unha vez mais, o Comité Galego de Xustiza Deportiva da Xunta de Galicia, volve a arquivar unha denuncia recibida contra esta federación e a súa presidenta.

A FGTM recibiu hoxe a notificación do arquivo do expediente 52/2023 onde se solicitaba a incoación de expediente disciplinario á Presidenta da FGTM polas infracción moi graves previstas no artigo 116 k) e ñ) da Ley 3/2012. Ver resolución.

 A FGTM continúa véndose obrigada a destinar parte do seu escaso presuposto a un gasto "non deportivo" o cal lamenta profundamente e desexa que pronto podamos destinar todos os nosos recursos económicos, de tempo e esforzo a traballar polo tenis de mesa galego como é o noso obxectivo.

A FGTM está á enteira disposición dos seus afiliados para resolver tódalas dudas e inquedanzas que poidan surxir, co ánimo de traballar todos xuntos por un tenis de mesa galego mellor.

 

Modificado por derradeira vez o Mércores, 26 Xullo 2023 13:38
manual XUNTA color                          

PR945C - SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS 2023

LIÑA I: desenvolvemento de actividades deportivas

LIÑA II: núcleos de adestramento deportivo especializado

O vindeiro venres 21 de xullo publicarase no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN definitiva das subvencións a entidades deportivas do procedemento PR945C (liña I: actividade deportiva;  liña II: NADEs).

Polo tanto, o prazo para solicitar o pagamento comezará o 22.07.2023 e rematará 0 21.08.2023.

Na seguinte ligazón poñemos á vosa disposición por adiantado a Resolución que se publicará no DOG:  https://deporte.xunta.gal/gl/convocatorias/pr945c-subvencions-actividade-lista-definitiva-de-entidades-beneficiarias

Modificado por derradeira vez o Venres, 21 Xullo 2023 13:47
Luns, 05 Xuño 2023 12:58

Novo Ranking FGTM

FGTM 100                          

 

A FGTM ten previsto a implementación dun novo sistema de ranking para a próxima tempada. A Xunta Directiva quere agradecer a Antonio Vidal a súa boa predisposición neste tema, e as súas aportacións, sen as cales, non houbera sido posible iniciar este proxecto.

Aproveitamos esta publicación para anunciar o nomeamento de Antonio Vidal como responsable do novo Comité de Ranking. 

Achegamos, a continuación, proposta para o novo sistema de ranking, para que aqueles interesados, aportedes as vosas suxerencias e comentarios a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

Ver proposta de ranking FGTM

Modificado por derradeira vez o Luns, 05 Xuño 2023 13:21

A Xunta Directiva da FGTM está a traballar en novos e ilusionantes proxectos. Queremos unha FGTM máis grande e mellor, pero precisamos da túa axuda. Se che gusta o noso deporte, tes ganas de aportar ó tenis de mesa, queres formar parte dun proxecto ilusionante: 

Seguindo as suxerencias de algúns dos nosos afiliados, citamos a continuación algúns dos proxectos que nos gustaría comezar no menor plazo posible e nos que nos gustaría poder contar coa vosa axuda:

  • Administración redes sociais: facebook, instagram, youtube, etc..
  • Modificación/creación nova web FGTM
  • Creación dunha área de formación tanto de adestradores coma de árbirtos e xuices árbitros.
  • Mellora da imaxe corporativa: logos, carteis, imaxes, etc..

 

Seguro que TI eres a persoa indicada!

Non importa a túa idade, sexo, color ou condición: seguro que tes moito que aportar!

Ponte en contacto con nós, expón as túas ideas, explícanos en qué che gustaría colaborar coa FGTM e súmate ó Tenis de Mesa Galego. Escribe á Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .…. Esperámoste!!

Modificado por derradeira vez o Domingo, 04 Xuño 2023 10:04
Mércores, 31 Mai 2023 12:37

Axudas DGAN 2023

manual XUNTA color                      

Informámos de que a Fundación Deporte Galego ven de publicar hoxe mércores 31 de maio, no Diario Oficial de Galicia o anuncio da Convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel 2023, baixo a denominación Convocatoria de AXUDAS DGAN 2023e que se enmarca no plan de axudas á preparación dos/as deportistas galegos/as de alto nivel.

Esta convocatoria conta nesta ocasión con nove tipos de axudassegundo os resultados deportivos que tiveran acadado durante o ano 2022 (non se valorarán resultados acadados en anos anteriores ou posteriores) e que dende a vosa Federación Galega poidades acreditarnos posteriormente ás solicitudes das persoas deportistas.

 Mais información e bases en: http://deporte.xunta.gal

Modificado por derradeira vez o Mércores, 31 Mai 2023 12:44
GALA DO DEPORTE DA CORUÑA E A SÚA COMARCA 2023 logo                          

O 20 de xuño de este ano, celebrarase no Teatro Ágora da Coruña a quinta edición da Gala do Deporte da Coruña e a súa Comarca co galo de celebrar e premiar aos mellores deportistas do 2022. A finalidade destes premios é a de dar visibilidade a todos os deportes e federacións que tanto traballades polo crecemento dende a base até a elite. 

 Leer mais....

                             
Modificado por derradeira vez o Martes, 30 Mai 2023 09:45

O pleno do Comité Galego de Xustiza Deportiva ven de resolver por dúas veces consecutivas, os dias 16 de maio e 25 de maio de 2023, e por unanimidade, denegar as medidas cautelares que Don Manuel Pereiro Pérez presentara en sendos recursos e referentes ós Campionatos Galegos Absoluto e Prebenxamín celebrados o pasado 17 de maio e os Campionatos Galegos Alevín e Infantil que se celebrarán próximamente.

Páxina 2 de 4