Novas da FGTM

GALA DO DEPORTE DA CORUÑA E A SÚA COMARCA 2023 logo                          

O 20 de xuño de este ano, celebrarase no Teatro Ágora da Coruña a quinta edición da Gala do Deporte da Coruña e a súa Comarca co galo de celebrar e premiar aos mellores deportistas do 2022. A finalidade destes premios é a de dar visibilidade a todos os deportes e federacións que tanto traballades polo crecemento dende a base até a elite. 

 Leer mais....

                             
Modificado por derradeira vez o Martes, 30 Mai 2023 09:45

O pleno do Comité Galego de Xustiza Deportiva ven de resolver por dúas veces consecutivas, os dias 16 de maio e 25 de maio de 2023, e por unanimidade, denegar as medidas cautelares que Don Manuel Pereiro Pérez presentara en sendos recursos e referentes ós Campionatos Galegos Absoluto e Prebenxamín celebrados o pasado 17 de maio e os Campionatos Galegos Alevín e Infantil que se celebrarán próximamente.

mos              

A Xunta Directiva da FGTM quere felicitar ó CTM Mos polo ascenso recén acadado no día de hoxe á División de Honra Nacional Feminina, tras gañar os seus dous encontros na fase de ascenso celebrada en Olot.

sin fondo XUNTA positivo    

A Xunta de Galcia infórmanos da realización das Xornadas de deporte inclusivo “Formando ao persoal técnico deportivo na inclusión das persoas deportistas con diversidade funcional ”.
obxectivo da xornada é a capacitación do persoal técnico e federativo en actuacións de promoción da igualdade de oportunidades e condicións entre persoas con diversidade funcional no ámbito do deporte, actuacións consideradas estratéxicas para o crecemento do deporte galego, e presentes tamén nas políticas da Administración deportiva autonómica e nos Fondos Europeos (Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia). 
A xornada será presencial con 20 horas de duración e se desenvolverá en 4 módulos en horario de 16:30 a 20:30 horas. O enfoque será teórico – práctico, con visualización de contido divulgativo, presentación de proxectos no ámbito da inclusión deportiva, posta en común de casos e resolución de dúbidas. 
Entrar na noticia para mais información.

 

Modificado por derradeira vez o Venres, 21 Abril 2023 12:16
FGTM 100          

 

Publicada a circular número 76 da Temporada 22-23 da RFETM coas Prazas de Segunda División Masculina para a tempada 23-24 (Ver circular), ábrese prazo para que tódolos equipos interesados militantes na 3ª División Nacional na Tempada 22/23, envíen email confirmando o seu interese en ascender a 2ª División Nacional a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

A FGTM só terá en conta para a elaboración do listado de ascensos aquelas solicitudes recibidas por escrito en tempo e forma. 

O prazo límite será o 15 Maio de 2023 ás 14:00 h.

 

             
Modificado por derradeira vez o Martes, 11 Abril 2023 12:25
FGTM 100          

 

Ábrese prazo para o envio de solicitudes dos árbitros interesados en actuar nos distintos Campionatos Galego. Os interesados deberán enviar email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes da data sinalada:

  • Campionato Galego Sub23: 6-7 maio 2023 (solicitudes antes do 1 Maio de 2023 ás 14:00 h)
  • Campionato Galego Veterano: 13-14 maio 2023 (solicitudes antes do 8 Maio de 2023 ás 14:00 h)
  • Campionato Galego Absoluto Individual e Prebenxamín: 17 maio (solicitudes antes do 10 Maio de 2023 ás 14:00 h)
  • Campionato Galego Benxamín e Adaptado: 20-21 maio 2023 (solicitudes antes do 15 Maio de 2023 ás 14:00 h)
  • Campionato Galego Alevín: 27-28 maio 2023 (solicitudes antes do 22 Maio de 2023 ás 14:00 h)
  • Campionato Galego Absoluto por equipos: 3 xuño 2023 (solicitudes antes do 29 Maio de 2023 ás 14:00 h)
  • Campionato Galego Infantil: 10-11 xuño 2023 (solicitudes antes do 5 Xuño de 2023 ás 14:00 h)
             
Modificado por derradeira vez o Martes, 11 Abril 2023 12:19
Venres, 31 Marzo 2023 09:49

Reunión Xunta Directiva

FGTM 100                    

 

Recibida notificación do Xuzgado Contencioso/Administrativo nº2 de Vigo, a Xunta Directiva da FGTM en reunión extraordinaria de urxencia celebrada onte 30 de Marzo de 2023, ven de aprobar a contratación de servicios xurídicos necesarios para o seguemento e trámites do citado procedemento así como de outros posteriores que puidesen surxir.

A Xunta Directiva lamenta profundamente verse obrigada a destinar parte do escaso presuposto da federación a un gasto "non deportivo" cando a política da actual FGTM é de austeridade e reducción de gastos "non deportivos" para poder organizar mais e novas actividades así como realizar maior promoción do tenis de mesa.

 

                       
Modificado por derradeira vez o Venres, 31 Marzo 2023 09:58

A Xunta Directiva da Federación Galega de Tenis de Mesa quere felicitar a tódolos xogadores/as galegos desprazados a Jaén para a disputa das Copas do Rei e da Raíña, Campionato de España Absoluto e Torneo Estatal 2023 nas categorías sub23, senior, veteranos e adaptado polos bos resultados acadados. E en especial a::

 Imagen1

Dobles Absoluto Masculino   
Medalla de oro al primer lugar. insignia de oro del 1er lugar. medalla de  oro con la imagen del número 1 y una rama de olivo. ilustración | Vector  Premium Miguel A Vilchez (MontePorreiro): campión
 
Copa do Rei
bronce MontePorreiro TM: semifinalista
Sub23 feminino
bronce Claudia Canay (MontePorreiro TM): semifinalista
Senior feminino
bronce Judit Cobas (TM Pontevedra): semifinalista

 

Modificado por derradeira vez o Luns, 27 Marzo 2023 15:07

A Xunta Directiva da Federación Galega de Tenis de Mesa quere felicitar a tódolos xogadores/as galegos desprazados este fin de semana a Jaén para a disputa do Torneo Estatal 2023 nas categorías benxamín a xuvenil polos bos resultados acadados. E en especial ós clasifcados entre os 8 mellores das súas categoría:

final 1024

Benxamín feminino
 
bronce Celia Sanz (CTM Cidade Narón): semifinalista
 
Benxamín masculino
plata Alexander Malov (Oroso TM): subcampión
  Nicolás Otero (Oroso TM): 7º
Alevín masculino
bronce Matias Betancor (MontePorreiro TM): semifinalista
Infantil feminino
bronce Sofia Couce (CTM Cidade Narón): semifinalista
  Mariña García (Pontevedra TM): 6ª

 

Modificado por derradeira vez o Luns, 20 Marzo 2023 19:24
Inicio  

 Publicadas as axudas para entidades deportivas da Deputación de Lugo:

https://www.deputacionlugo.gal/gl/node/79080