A SELECCIÓN GALEGA SUB21, FORMADA POR MARCOS SANMARTIN, FERNANDO PADIN, CARLOS DOMINGUEZ, RUBEN GARCIA E MARTIN PINTOS, ACADOU O SEGUNDO LUGAR NA MODALIDADE DE EQUIPOS, SENDO OS MELLORES QUE FINALIZARON EN CUARTOS, FERNANDO PADIN, CARLOS DOMINGUEZ E MARTIN PINTOS.
NA PROBA ABSOLUTA MASCULINA O MELLOR RESULTADO FOI O DE RUBEN GARCÍA, ÚNICO EN CHEGAR AOS OITAVOS DE FINAL, SENDO ELIMINADO POR UN GRANDE XOGADOR COMO IVO SILVA.
E NA FEMININA A NOSA ÚNICA REPRESENTANTE, RAQUEL BONILLA, FIXO O MELLOR EN GRUPOS VENCENDO Á NUMERO 1 PORTUGUESA, LEILA OLIVEIRA, PASANDO PRIMEIRA DE GRUPO, PASANDO FACIL EN OITAVOS, E NOS CUARTOS DE FINAL, FOI DERROTADA CONTRA PROGNÓSTICO POR JOANA MOTA, LOGO DE IR VENCENDO 2-0 (9-5), E A PORTUGUESA FOI QUEN DE DARLLE A VOLTA AO MARCADOR
Datas e localidades de celebración dos campionatos e torneos galegos:
CAMPIONATO GALEGO SUB 23 E ALEVÍN: Narón - 5 e 6 de abril de 2014.
CAMPIONATO GALEGO VETERANO E CADETE: Oroso - 19 e 20 de abril de 2014.
CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO - Cambados: 10 e 11 de maio de 2014.
CAMPIONATO GALEGO PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE: Ferrol - 24 e 25 de maio de 2014.
CAMPIONATO GALEGO XUVENIL E BENXAMÍN: Ferrol - 31 de maio/1 de xuño de 2014.
CAMPIONATO GALEGO INFANTIL: Gondomar - 14 e 15 de xuño de 2014.
TORNEO DE MONFORTE: 9 e 10 de agosto de 2014.
TORNEO DO CLUB DO MAR: 23 e 24 de agosto de 2014.
TORNEO DO ALBARIÑO: 30 e 31 de agosto de 2014.
TORNEO DE OROSO: 6 e 7 de setembro de 2014.
TORNEO DE MONTE PORREIRO: 13 e 14 de setembro de 2014.
TORNEO DE CINANIA: 20 e 21 de setembro de 2014.
TORNEO DE VINCIOS: 27 e 28 de setembro de 2014.
TORNEO DE OLEIROS: 20 e 21 de decembro de 2014.
TORNEO DE NARÓN: 27 e 28 de decembro de 2014.
TORNEO DE FERROL: 23 e 24 de maio de 2015.
Publicase circular número 8 sobre tecnificación a desenvolver o 2 e 3 de xaneiro en Pontevedra.
OS XOGADORES E XOGADORAS CONVOCADOS, TEÑEN QUE ESTAR O DÍA 2 ÁS 10 HORAS, E O REMATE SERÁ O DÍA 3 ÁS 18,30 HORAS.
Os combinados galegos, fixeron un papel digno dentro dos combinados españois participantes no OPEN DE PORTUGAL, do circuito ITTF, disputado a pasada fin de semana en Vila Nova de Gaia.
As cadetes foron sextas (Belén Sañudo e Laura Fernández) e oitavas (Belén Calvo e Judith Cobas) respectivamente e os junior masculino (Rubén García, Martin Regueiro e Santiago Otero), décimos, nun evento con presencia de paises como Francia, Luxemburgo, Holanda, Inglaterra,...
Os cadetes (Martin Pintos e Pedro Fernández) tiveron chance de facer un mellor torneo, pero finalmente, en partidos longos, cederon a posibilidade de loitar polos postos de honra. Anxo Iglesias formaba noutro equipo con Gonzalo Herranz e Saleta no equipo B junior feminino.
A nivel individual, Rubén García, Martin Regueiro, Martin Pintos, Belén Calvo, Laura Fernández, Belén Sañudo, meteronse nos cadros finais, o resto xogou cadro de consolación, sendo o mellor resultado o de Judith Cobas, que xogou e perdeu a final coa portuguesa Raquel Martins.