ALBERTO SEOANE ALCARAZ proclamouse CAMPIÓN do OPEN DE ESLOVAQUIA celebrado nestas datas na localidade de Bratislava, na proba de DISCAPACITADOS FÍSICOS - CLASE 6.
Para obter este gran resultado enfrontouse en grupos aos xogadores: Daniel Bobrov de Israel ao que derrotou polo apertado resultado de 3 xogos a 2. Roger Ljunggren de Suecia por 3 a 0. Alexander Nagy de Eslovaquia por 3 a 0.
En cuartos enfrontouse a Tomás de Vito de Argentina impoñéndose por 3 xogos a 1.
En semifinais tivo en fronte ao xogador David Wetherill de Gran Bretaña gañándolle por 3 a 1.
E xa, na final se encontrou co chinés Chao Chen logrando derrotalo por 3 xogos a 1.
Dende a Xunta Directiva da Federación Galega queremos dar o parabén a este gran xogador, formado nas filas do Club do Mar de San Amaro, desexando que continúen os éxitos no fúturo, que premien o esforzo e dedicación de moitos anos.