Antonio F. Lasén Casás

Antonio F. Lasén Casás

Subido o arquivo co acordo do Pleno do Comité Galego de Xustiza Deportiva, lembrando, a todas as asociacións deportivas galegas e persoas que organicen ou acudan a acontecementos deportivos, que a introdución de bebidas alcohólicas, tabaco, etc., considérase como INFRACCIÓN MOI GRAVE, así como non ter contratado un seguro que cubra os accidentes deportivos dos participantes.
  • A Xunta Directiva da Federación Galega, á vista das solicitudes recibidas, tomou o acordo de conceder a organización dos distintos campionatos galegos ás entidades e nas datas seguintes:
  • Club Tenis de Mesa Cidade de Narón, 24/25 de marzo (Campionato Galego Absoluto e Campionato Galego Benxamín).
  • Sociedade Liceo de Noia, 26/27 de marzo (Campionato Galego Xuvenil e Campionato Galego Sénior).
  • TDM Vilalba, 4/5 de xuño (Campionato Galego Alevín e Campionato Galego Sub 23).
  • Agrupación Deportiva Vincios, 7/8 de maio (Campionato Galego Infantil e Campionato Galego Veterano).
  • Club San Xoán TM, 21/22 de maio (Campionato Galego para persoas con Discapacidade Física e Intelectual e Campionato Galego Pre-Benxamín).

Con motivo de celebrarse o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS TERRITORIAIS INFANTÍS E CADETES coincidindo cos CAMPIONATOS GALEGOS ALEVÍNS E SUB 23, é polo que, a Xunta Directiva da Federación Galega na reunión celebrada no día de onte tomou a decisión de pasar o devandito evento para o día 4/5 DE XUÑO DE 2015.

Todas as entidades que desexen organizar algún campionato galego, teñen que poñerse en contacto coa Federación Galega de Tenis de Mesa, enviando un mail a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., antes das 22:00 horas do día 22 de xaneiro de 2015, onde á parte de achegar todos os trofeos (campión, subcampión e semifinalistas), teranse en conta e valorarán as ofertas que veñan acompañadas da achega de árbitros, auga para os participantes, etc.

As datas de celebración dos distintos campionatos galegos son as seguintes:

  • 24/25 de marzo (Campionato Galego Absoluto), 25/26 de marzo (Campionato Galego Benxamín), 26/27 de marzo (Campionato Galego Xuvenil), 27 de marzo (Campionato Galego Sénior)
  • 4/5 de xuño (Campionato Galego Alevín e Campionato Galego Sub 23)
  • 7/8 de maio (Campionato Galego Infantil e Campionato Galego Veterano.
  • 21/22 de maio (Campionato Galego para persoas con Discapacidade Física e Intelectual e Campionato Galego Pre-Benxamín.
Resultados e clasificación de clubs do 13 de decembro.

Normativa da nova Liga de Veteranos.

Formulario de Inscrición.

Resultados e clasificacións do torneo cos puntos logrados en cada proba.

 

Resultados e clasificacións do Torneo.

 

Por petición do Club Oroso subimos un arquivo coa normativa da III FESTA DO TENIS DE MESA DE OROSO.