Secretaría (34)

AVISO CHEGADO POR CORREO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

Calendario de Actividades da Federación Galega de Tenis de Mesa para a Tempada 2016/2017.
En ficheiro adxunto convócase Asemblea Xeral Ordinaria e Comisión Delegada da Federación Galega de Tenis de Mesa o día 5 de xullo de 2016 en Santiago.

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou as bases para conceder as primeiras subvencións a entidades e clubs deportivos para o deporte federado na provincia de Pontevedra no ano 2016.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, tanto na sede de Pontevedra como na de Vigo .

Subido o arquivo co acordo do Pleno do Comité Galego de Xustiza Deportiva, lembrando, a todas as asociacións deportivas galegas e persoas que organicen ou acudan a acontecementos deportivos, que a introdución de bebidas alcohólicas, tabaco, etc., considérase como INFRACCIÓN MOI GRAVE, así como non ter contratado un seguro que cubra os accidentes deportivos dos participantes.

Novo prazo para poder solicitar o recoñecemento como DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN) durante todo o vindeiro mes de novembro.

Documentación que deberán presentar:

  1. Modelo de solicitude  cuberto con tódolos datos do interesado, asinado na parte inferior esquerda polo deportista. Unha vez cuberta dita solicitude, o presidente ou secretario da federación correspondente asina e sela dita solicitude.
  2. A federación expedirá unha certificación de posesión de licenza vixente expedida dende polo menos o 1 de xaneiro do ano 2014.
  3. Os interesados presentarán fotocopia de DNI.
  4. Certificado do padrón de veciñanza administrativa.
  5. As solicitudes poden presentarse en calquera edificio administrativo de cada unha das provincias galegas , ou na:
    • Secretaría xeral para o Deporte
    • Urbanización La Rosaleda
    • Rúa Ourense, 6
    • 15781, Santiago de Compostela

Xuntamos a:

  1. Normativa reguladora do procedemento
  2. Modelo de solicitude
  3. Última publicación no DOGA de deportistas recoñecidos e a vixencia.

Galicia 2ª no Interterritorial celebrado en Cantabria, por detrás de Andalucía por tan só un punto.

Antonio Diz incorpórase ao organigrama da Federación Galega, despois da conversación mantida no día de hoxe con José LCabaleiro como Presidente. Formará parte, xunto con Rodrigo ÁlvarezFernando Montero e Daniel Sánchez de la Comisión de ranking, ligas, campionatos e web. Dende a Xunta Directiva dámoslle a benvida, desexándolle os maiores éxitos, que redunden en beneficio do tenis de mesa galego.
Os clubs interesados en ter unha reunión co Presidente da Federación Galega de Tenis de Mesa, teñen que enviar un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., coa finalidade de organizar as Zonas en función da demanda. A data límite será o 30 de xullo.

Subido un arquivo cos principais acordos adoptados na Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Tenis de Mesa, celebrada o pasado día 7 de xullo.

Calendario de competicións e actividades a desenrolar na tempada 2015-2016.

Páxina 1 de 2