A Xunta Directiva da FGTM quere felicitar a Indalecio Iglesias (xogador e Directivo do Club do Mar durante moitos anos), pola DISTINCIÓN AO MÉRITO DEPORTIVO outorgado recentemente pola Xunta de Galicia, polos anos de dedicación e resultados obtidos ao longo da súa dilatada traxectoria, tanto na competición de discapacitados físicos como na competición normalizada.
Pódese ver a noticia ampliada no seguinte enlace do BLOG DE LÓSTREGO.
http://lostrego.blogs-r.com/weblog/ver-post/distinci%C3%B3n_ao_m%C3%A9rito_deportivo_para1