Luns, 11 Mai 2020 19:03

SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS CONVOCADAS POLA SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE -para actividade- (PR945C)

 

Hoxe luns 11.05.2020, publicouse no Diario Oficial de Galicia, a listaxe de solicitudes suxeitas a emenda, as solicitudes inadmitidas e as solicitudes admitidas, presentadas ao abeiro da Resolución do 16 de decembro de 2019 publicada no DOG do 11.01.2020 (código de procedemento PR945C).

Prazo para reclamacións, emendar erros e falta de documentación: dende mañá martes 12.05.2020 ata o luns 25.05.2020. Recórdese que para emendar as deficiencias os interesados deberán ir á sede electrónica, localizar a súa solicitude e en “Accións” seleccionar “Emenda ao requirimento”; téñase ademais especial coidado en elixir correctamente o procedemento da solicitude a emendar -PR945C-.

As entidades cun dobre asterisco (**) no motivo da emenda figuran tamén no anexo II de solicitudes inadmitidas.

A continuacion de este correo, hemos recibido el que ahora reproducimos:

Información complementaria á CIRCULAR 02.2020 – Subv. PR945C

 

Como complemento á información contida na anterior circular, informar que, si ben a declaración do estado de alarma supuxo a suspensión dos termos e a interrupción dos prazos para a tramitación dos procedemen¬tos das entidades do sector público, esta Secretaría Xeral, logo da autorización do Consello da Xunta do 24 de abril, RESOLVEU o levantamento da suspensión dos prazos e a continuación de determinados expedientes de subvencións a entidades deportivas, entre os que se atopa o procedemento PR945C.

 

Polo tanto, dende mañá entran en vixencia os prazos indicados na listaxe publicada hoxe no DOG relativa ás solicitudes de subvención admintidas, inadmitidas e pendentes de emenda, e que como soe ser habitual, é de 10 días a partir do día seguinte ao da publicación da correspondente listaxe, para que os interesados poidan formular reclamacións, emendar erros e falta de documentación (e que como xa se indicara será do 12 ao 25 de maio de 2020).

Lido 1285 veces