Antonio F. Lasén Casás

Antonio F. Lasén Casás

Subida a normativa e desenvolvemento da liga de Afeccionados organizada por KSASTM.

Novo prazo para poder solicitar o recoñecemento como DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN) durante todo o vindeiro mes de novembro.

Documentación que deberán presentar:

  1. Modelo de solicitude  cuberto con tódolos datos do interesado, asinado na parte inferior esquerda polo deportista. Unha vez cuberta dita solicitude, o presidente ou secretario da federación correspondente asina e sela dita solicitude.
  2. A federación expedirá unha certificación de posesión de licenza vixente expedida dende polo menos o 1 de xaneiro do ano 2014.
  3. Os interesados presentarán fotocopia de DNI.
  4. Certificado do padrón de veciñanza administrativa.
  5. As solicitudes poden presentarse en calquera edificio administrativo de cada unha das provincias galegas , ou na:
    • Secretaría xeral para o Deporte
    • Urbanización La Rosaleda
    • Rúa Ourense, 6
    • 15781, Santiago de Compostela

Xuntamos a:

  1. Normativa reguladora do procedemento
  2. Modelo de solicitude
  3. Última publicación no DOGA de deportistas recoñecidos e a vixencia.
Publicadas as bases reguladoras de subvencións a Clubs, SAD e Agrupacións Deportivas Escolares

Hoxe publicouse no Diario Oficial de Galicia a “RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas”.
Este ano, a diferenza de anos anteriores, publícanse en primeiro lugar as BASES REGULADORAS, quedando pendente para os vindeiros días a publicación da CONVOCATORIA.
Polo tanto, aínda non se poden presentar as solicitudes de subvención ata que non se publique no DOG o texto coa Resolución polo cal se CONVOCAN ditas subvencións.
O mesmo día en que se publique a convocatoria no DOG comunicaráselle de novo vía e-mail, ademáis de publicalo na web da Secretaría Xeral para o Deporte.

Ver noticia en http://deporte.xunta.gal/

Subidos os resultados en arquivos adxuntos.

Resultados mais destacados logrados polos xogadores/as galegos:

Benxamín feminino: 1ª Ana Otero (Cidade de Narón).

Alevín feminino: 3ª Luisa Pintos (A.D. Vincios), 4ª Laura Rodríguez (Cinania T.M.)

Alevín masculino: 4º Mario García (Cidade de Narón).

Infantil feminino: 1ª Claudia Canay (Cidade de Narón), 2ª Helena Martín (Cidade de Narón), 3ª Noa Fernández (Monte Porreiro).

Infantil masculino: 1º Andrés Torres (A.D. Vincios), 4º Javier Diz (Club del Mar).

Xuvenil feminino: 1ª Silvia Álvarez (Oroso TM), 2ª Belén Calvo (Arteal), 4ª Judith Cobas (Arteal).

Xuvenil masculino: 2º Martín Pintos (AD Vincios), 3º Santiago Prieto (Monte Porreiro).

Sub 23 feminino: 2ª Saleta López (Oroso TM).

Sub 23 masculino: 1º Marcos Sanmartín (Oroso TM), 2º Carlos Domínguez (Vilagarcía TM), 4º Martín González (Club del Mar).

Sénior feminino: 1ª Teresa Nine (Arteal), 3ª Cristina Fernández (Oroso TM), 4ª Victoria Cadilla (Monte Porreiro).

Sénior masculino: 1º Ignacio Fernández, 2º Adrián Arias (Club del Mar), 3º Lucas Rodríguez (Helios Bembrive).

Veterano feminino: 4ª Isabel Rodríguez (Club Coruña).

Veterano 40 anos: 3º José M. Fernández (San Xoán TM), 4º José Fdez. Abarquero (Academia San Mamed Ourense TM).

Veterano 50 anos: 2º José R. Fernández (Mercantil de Vigo), José M. Abelairas (Milagrosa TM).

Discapacitados físicos pé: Yago Pita (Club del Mar), Juan Monzón (Cidade de Narón), Santiago López (Grumico), Santiago Brandariz (Grumico).

O Presidente da Federación Galega xunto coa súa Xunta Directiva quere felicitar a todos os galardoados, así como aos innumerables clasificados para a seguinte fase, sen esquecer aos seus respectivos clubs, que un ano máis conseguiron estar por encima do resto, tanto en número de participantes (250 de 450 participantes), como polos resultados obtidos.

 

Calendarios das ligas de 3ª División, 1ª División Galega e 2ª División Galega, correspondentes a tempada 2015-2016.

Circular nº 2 - Normativa dos Campionatos Galegos para a Tempada 2015/2016.

Circular nº 3 - Normativa das Ligas de 3ª División Masculina, 1ª División Galega, 2ª División Galega e 2ª División Feminina.

Circular nº4 - Tramitación de licenzas da tempada 2015/2016.

Galicia 2ª no Interterritorial celebrado en Cantabria, por detrás de Andalucía por tan só un punto.

A petición do Club Milagrosa, como organizador do X TORNEO FESTAS MILAGROSA 2015, informamos de que se celebrará o día 6 de setembro de 9 a 14 horas no Pavillón de Frigsa.

O teléfono de contacto para inscricións é: 670414474.

En arquivo adxunto está subido o cartel do torneo.

Antonio Diz incorpórase ao organigrama da Federación Galega, despois da conversación mantida no día de hoxe con José LCabaleiro como Presidente. Formará parte, xunto con Rodrigo ÁlvarezFernando Montero e Daniel Sánchez de la Comisión de ranking, ligas, campionatos e web. Dende a Xunta Directiva dámoslle a benvida, desexándolle os maiores éxitos, que redunden en beneficio do tenis de mesa galego.