Sábado, 17 Mai 2014 01:36

ALBERTO SEOANE ALCARAZ CAMPIÓN DO OPEN DE ESLOVAQUIA

ALBERTO SEOANE ALCARAZ proclamouse CAMPIÓN do OPEN DE ESLOVAQUIA celebrado nestas datas na localidade de Bratislava, na proba de DISCAPACITADOS FÍSICOS - CLASE 6.

Para obter este gran resultado enfrontouse en grupos aos xogadores: Daniel Bobrov de Israel ao que derrotou polo apertado resultado de 3 xogos a 2. Roger Ljunggren de Suecia por 3 a 0. Alexander Nagy de Eslovaquia por 3 a 0.

En cuartos enfrontouse a Tomás de Vito de Argentina impoñéndose por 3 xogos a 1.

En semifinais tivo en fronte ao xogador David Wetherill de Gran Bretaña gañándolle por 3 a 1.

E xa, na final se encontrou co chinés Chao Chen logrando derrotalo por 3 xogos a 1.

Dende a Xunta Directiva da Federación Galega queremos dar o parabén a este gran xogador, formado nas filas do Club do Mar de San Amaro, desexando que continúen os éxitos no fúturo, que premien o esforzo e dedicación de moitos anos.

Lido 993 veces Modificado por derradeira vez o Sábado, 17 Mai 2014 01:45