Luns, 28 Abril 2014 21:00

28/04/2014 - TEMPADA HISTÓRICA DOS EQUIPOS GALEGOS PARTICIPANTES NAS DISTINTAS LIGAS NACIONAIS Destacado

Dende a Xunta Directiva da Federación Galega queremos facer chegar a nosa felicitación aos equipos do CTM Cidade de Narón, Oroso TM e A.D. Vincios polo ascenso a División de Honra Feminina logrado este fin de semana, pero tampouco podemos esquecernos doutros grandes resultados, algúns históricos, como o 2º posto na liga de Super División Masculina logrado polo equipo do Arteal, ou os tres primeiros lugares da liga de División de Honra Masculina conseguidos polos equipos do Liceo Casino de Vilagarcía, Cambados e Oroso, sen que se nos esquece o primeiro lugar do Arteal en 1ª División Masculina, Oroso e Cidade de Narón en 2ª División Masculina, todo iso demostra a mellora do nivel galego e o grande traballo que están a realizar os clubs, a pesar dos momentos de penuria polos que estamos a atravesar, na que é, a mellor tempada de toda a historia dos clubs galegos, tanto polo número de equipos participantes, como polos resultados acadados.
Lido 1265 veces Modificado por derradeira vez o Martes, 29 Abril 2014 00:14