Comité Técnico (71)

Martes, 06 Mai 2014 12:07

CONVOCATORIA TORNEO IBERICO Destacado

Publicase a circula número 15 coa convocatoria para o Torneo Ibérico de categoría alevin que disputarán 4 seleccións portuguesas e 4 españolas, (incluida a Galega), o 7 e 8 de xuño no pavillón municipal de Esteiro en Ferrol.
Modificado por derradeira vez o Venres, 09 Mai 2014 22:23

AS SELECCIÓNS GALEGAS INFANTIL FEMININA (Belén Calvo, Judith Cobas e Diandra Cobelo), CADETE FEMININA (Silvia Alvarez, Laura Fernández e Belén Sañudo) E CADETE MASCULINA (Santiago Otero, Martin Pintos e Uxío Regueiro) ACADARON O SUBCAMPIONATO DE ESPAÑA CEDENDO UNICAMENTE NAS FINAIS DIANTE DE ANDALUCIA, E MADRID RESPECTIVAMENTE. A SELECCIÓN INFANTIL MASCULINA (Pedro Fernández, Anxo Iglesias e Andrés Torres) ACADOU O QUINTO LUGAR, QUEDANDO FORA DA LOITA POLOS METAIS EN CUARTOS DIANTE DE CATALUÑA 2-3 LOGO DUN ENCONTRO MARATONIANO DE MAIS DE DUAS HORAS E MEDIA, CON EMOCIÓN E INXUSTIZA FINAL

BELEN CALVO ACADOU TAMÉN O SUBCAMPIONATO INDIVIDUAL, LOGO DE VERSE SUPERADA NOVAMENTE POR ANA GARCIA DE ANDALUCIA.

MARTIN PINTOS EN CADETE ACADOU TAMÉN O BRONCE, AO CEDER EN SEMIFINAIS DIANTE DO MADRILEÑO RODRIGO CANO.

QUEREMOS AMOSAR A NOSA MELLOR CONSIDERACION AOS RAPACES E RAPAZAS QUE FORMARON PARTE DAS SELECCIÓNS GALEGAS, POLO ESFORZO REALIZADO LOGO DE REALIZAR UNHA VIAXE NOCTURNA DE MÁIS DE MIL QUILÓMETROS AO IR E TAMÉN AO REGRESAR, E QUE A PESAR DISO LOGRARON UNS RESULTADOS EXPLENDIDOS.

PODEDES VER AS FOTOS EN FACEBOOK NO ENLACE www.facebook.com/FGALEGATENISMESA

 

Modificado por derradeira vez o Martes, 06 Mai 2014 00:54
Publicase a circular nº 12 sobre a convocatoria das seleccións infantil e cadete para os Campionatos de España do CSD, a disputar do 1 ao 4 de maio en San Javier (Murcia).

A SELECCIÓN GALEGA SUB21, FORMADA POR MARCOS SANMARTIN, FERNANDO PADIN, CARLOS DOMINGUEZ, RUBEN GARCIA E MARTIN PINTOS, ACADOU O SEGUNDO LUGAR NA MODALIDADE DE EQUIPOS, SENDO OS MELLORES QUE FINALIZARON EN CUARTOS, FERNANDO PADIN, CARLOS DOMINGUEZ E MARTIN PINTOS.

NA PROBA ABSOLUTA MASCULINA O MELLOR RESULTADO FOI O DE RUBEN GARCÍA, ÚNICO EN CHEGAR AOS OITAVOS DE FINAL, SENDO ELIMINADO POR UN GRANDE XOGADOR COMO IVO SILVA.

 E NA FEMININA A NOSA ÚNICA REPRESENTANTE, RAQUEL BONILLA, FIXO O MELLOR EN GRUPOS VENCENDO Á NUMERO 1 PORTUGUESA, LEILA OLIVEIRA, PASANDO PRIMEIRA DE GRUPO, PASANDO FACIL EN OITAVOS, E NOS CUARTOS DE FINAL, FOI DERROTADA CONTRA PROGNÓSTICO POR JOANA MOTA, LOGO DE IR VENCENDO 2-0 (9-5), E A PORTUGUESA FOI QUEN DE DARLLE A VOLTA AO MARCADOR

Modificado por derradeira vez o Martes, 18 Marzo 2014 19:27
Domingo, 09 Marzo 2014 23:35

CONVOCATORIA TORNEO INTERNACIONAL POVOA DE VARZIM Destacado

Publicase circular 10 sobre convocatoria para o Torneo Internacional da Povoa de Varzim, que podedes consultar no arquivo pdf que se achega.
Modificado por derradeira vez o Luns, 10 Marzo 2014 12:44
Sábado, 28 Decembro 2013 00:00

TECNIFICACION EN PONTEVEDRA Destacado

Publicase circular número 8 sobre tecnificación a desenvolver o 2 e 3 de xaneiro en Pontevedra.

OS XOGADORES E XOGADORAS CONVOCADOS, TEÑEN QUE ESTAR O DÍA 2 ÁS 10 HORAS, E O REMATE SERÁ O DÍA 3 ÁS 18,30 HORAS.

Modificado por derradeira vez o Domingo, 29 Decembro 2013 16:57
Venres, 20 Decembro 2013 00:26

GALICIA TIVO AMPLIA PRESENZA NO OPEN DE PORTUGAL Destacado

Os combinados galegos, fixeron un papel digno dentro dos combinados españois participantes no OPEN DE PORTUGAL, do circuito ITTF, disputado a pasada fin de semana en Vila Nova de Gaia.

As cadetes foron sextas (Belén Sañudo e Laura Fernández) e oitavas (Belén Calvo e Judith Cobas) respectivamente e os junior masculino (Rubén García, Martin Regueiro e Santiago Otero), décimos, nun evento con presencia de paises como Francia, Luxemburgo, Holanda, Inglaterra,...

Os cadetes (Martin Pintos e Pedro Fernández) tiveron chance de facer un mellor torneo, pero finalmente, en partidos longos, cederon a posibilidade de loitar polos postos de honra. Anxo Iglesias formaba noutro equipo con Gonzalo Herranz e Saleta no equipo B junior feminino.

A nivel individual, Rubén García, Martin Regueiro, Martin Pintos, Belén Calvo, Laura Fernández, Belén Sañudo, meteronse nos cadros finais, o resto xogou cadro de consolación, sendo o mellor resultado o de Judith Cobas, que xogou e perdeu a final coa portuguesa Raquel Martins.

 

 

Modificado por derradeira vez o Venres, 20 Decembro 2013 00:58
Luns, 02 Decembro 2013 19:58

CONCENTRACIÓN DE TECNIFICACIÓN EN NARÓN Destacado

Publicase circular nº 7 sobre concentración de tecnificación, que terá lugar o venres 6 en Narón.
Venres, 22 Novembro 2013 00:00

DESMENTIDO TECNIFICACIÓN EN LUGO

A Federación Galega de Tenis de Mesa, diante da aparición dun cartaz con información de actividade de tecnificación el Lugo, DESVINCULASE TOTALMENTE DA MESMA, e pedirá explicacións, ademáis de informar do tema ao Xuiz Único, por se fora constitutivo de acto punible por USO DO LOGO DA FEDERACIÓN en actividades privadas vinculadas á aparición dun novo club na capital luguesa.
Modificado por derradeira vez o Xoves, 02 Xaneiro 2014 20:45
Martes, 19 Novembro 2013 16:34

GALICIA PARTICIPARÁ NO PRO-TOUR ITTF DE PORTUGAL Destacado

NO DÍA DE HOXE SAIU A COMPOSICIÓN DE EQUIPOS PARA PARTICIPAR NO OPEN DE PORTUGAL, A DISPUTAR EN VILA NOVA DE GAIA.

IMPORTANTE, OS SELECCIONADOS DEBEN ESPERAR AS INSTRUCCIÓNS QUE ENVIAREMOS POR MAIL, SOBRE INGRESO NA CONTA DA GALEGA, E ASI FARIAMOS O INGRESO CONXUNTO, ASÍ COMO A CONFIRMACIÓN DE PARTICIPACIÓN.

ESTAMOS NEGOCIANDO A POSIBILIDADE DE CHEGAR O VENRES POLA MAÑÁ, O QUE SAE MAIS BARATO AO PAGAR SÓ DUAS NOITES DE HOTEL, ASÍ COMO PLANIFICANDO A VIAXE.

ENTRE HOXE Á NOITE E MAÑÁ POLA MAÑÁ ENVIAREMOS MAIL CON INFORMACIÓN AOS CLUBS E FAMILIARES DOS CONVOCADOS.

 

EQUIPOS

 

CADETE MASCULINO C

MARTIN PINTOS (AD Vincios)

PEDRO FERNANDEZ (Mercantil Vigo)

ANXO IGLESIAS(AD Vincios)

 

CADETE FEMININO B

BELEN CALVO (Arteal)

JUDITH COBAS (Arteal)

 

CADETE FEMININO D

BELEN SAÑUDO (Cidade Narón)

LAURA FERNÁNDEZ (Arteal)

 

JUNIOR MASCULINO E

RUBEN GARCIA (San Xoan TM)

MARTIN REGUEIRO (Cambados TM)

SANTIAGO OTERO (Cidade de Narón)

 

JUNIOR FEMININO A


LAURA RAMIREZ

LYDIA ARCOS

BELEN HENARES

SALETA LOPEZ (Oroso TM)

 

Páxina 2 de 4