Antonio F. Lasén Casás

Antonio F. Lasén Casás

Composición provisional de grupos das ligas de 3ª División Masculina, 1ª e 2ª División Galega.

Dáse de prazo ata as 14:00 horas do venres 28 de agosto para alegar a composición destas, pero non se terán en conta as que non veñan acompañadas dunha composición de grupos alternativa e global de toda esa liga e, debidamente razoada.

Correo de envío de propostas alternativas: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Correxidos varios erros nos resultados e clasificacións do torneo.

 

Concentración de Pontevedra celebrada os días 7 ao 10 de setembro

A Federación Galega solicitará no mes de setembro unha reunión coa Secretaría Xeral para o Deporte, para tratar sobre a problemática do Deporte Escolar e as súas posibles solucións. Por iso, convocamos unha reunión con todos os clubs participantes no Programa XOGADE da Xunta, interesados en achegar ideas e solucións, co fin de poder levar á mencionada reunión unhas propostas o máis consensuadas posible.
A reunión terá lugar o luns 17 de agosto ás 18:30 horas no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, sito na rúa Cultura, nº1, en Sigüeiro - Oroso (ao lado do Concello).

Despois de múltiples negociacións e reunións en distintas cidades galegas, dificultadas polas recentes eleccións celebradas, conseguimos, un ano máis, traer o TORNEO ZONAL 1 - CLASIFICATORIO PARA OS CAMPIONATOS DE ESPAÑA a Galicia, concretamente a Lugo, contando para iso coa inestimable axuda do Club Dez Portas, artífice principal do acordo ao que se chegou.

Este evento celebrarase os días 31 de outubro, 1 e 2 de novembro no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo.

 Publícanse as seleccións galegas de veteranos participantes no Campionato de España do mes de setembro.

O mércores 29 a FGTM foi invitada por parte da Academia Galega de Tenis, ATG, á inauguración das novas instalacións do Club Zona no municipio de Arteixo, en representación da federación foi Francisco Monroy, así como os representantes das federacións de tenis, pádel e squash ademais da concelleira de deportes do concello de Arteixo.

Ranking incluíndo o Torneo de Vilalba.

 

Resultados do torneo.

Encontráronse uns lentes de neno/a durante a celebración do Torneo. Preguntar no Club do Mar porPablo Canosa.