XuntaLogo100x239
Luns, 11 Setembro 2017

Interterritorial 2017

Escrito por 
Valora este artigo
(0 votos)

A selección galega subcampiona no Interterritorial disputado en Valencia de Don Juan.

De parte da directiva da FGTM damos o parabén a todos os compoñentes da expedición para o territorial 2017, técnicos e xogadores.

Os nosos xogadores conseguiron traer moi bos resultados do campionato Interterritorial que se disputou este pasado fin de semana.
A nivel colectivo conseguiron ser 2º só superados pola sempre potente selección andaluza.
A nivel individual cabe destacar os 4 podios de:
Sofía Couce (3ª clasificada en benxamin feminino)
Luisa Pintos (2ª clasificada en infantil feminino)
Judith Cobas (2ª clasificada en xuvenil feminino)
Pedro Fernández (3º clasificado en xuvenil feminino)
O resto da expedición conseguiu tamén gañar moitos partidos e colocarse en boas posición o que fixo que a nosa selección conseguise ser subcampiona por Comunidades Autónomas.

Destacar o gran labor do seleccionador Miguel Rey coa inestimable axuda de Tere Nine.

Lido 95 veces