Xoves, 31 Agosto 2017 09:34

Concentración de la selección en Zas

Os dias 29 e 30 de agosto celebrouse en Zas unha concentración para encarar o torneo Interterritorial que se disputará os días 9 e 10 de setembro en Valencia de Don Juan (León)

Realizouse unha convivencia cos xogadores das categorías benxamin, alevín, infantil e xuvenil.
Nesta convivencia quedou plasmado o gran nivel de compañeirismo e de traballo en equipo dos rapaces e rapaces que asistiron.
Realizaron aparte das sesións de adestramento varias actividades en equipo e xogos.
A convivencia realizouse no Pavillón Municipal de Zas e estivo dirixida polo seleccionador galego Miguel Rey, que contou coa axuda de Inés Vazquez e de varios membros do clube AD Zas.
Ademais, o alcalde de Zas, xunto ao tenente-alcalde, realizou unha recepción no concello o día 29 ás 20h a todos os integrantes da selección.
Lido 1301 veces